Skip to Content

Edixgal

Galicia en Datos

Lexislación educativa

ACTIVIDADES

« Xaneiro 2022 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

Eventos

Horarios do Centro

Oferta de módulos de ciclos FP con prazas vacantes

Poden cursarse módulos que teñan prazas vacantes tanto de 1º coma de 2º curso de ciclos formativos.
En setembro publicarase a listaxe de módulos con prazas vacantes no centro para cada ciclo.

Segundo a ORDE do 18 de xuño de 2020 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2020/21. (Publicada no DOG do Xoves, 25 de xuño de 2020)

Disposición adicional primeira. Ampliación da oferta do réxime de persoas adultas coas prazas vacantes no réxime ordinario
As prazas que resulten vacantes, logo de finalizadas as correspondentes fases de admisión e matrícula polo réxime ordinario, poderán ser ocupadas en réxime de persoas adultas. Para estes efectos, amplíase a oferta modular, polo réxime de persoas adultas, de ciclos formativos de formación profesional, en todos os centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan autorizada a oferta polo réxime ordinario para o ano académico 2021/22.

Orde do 24 de maio de 2021

AdxuntoTamaño
Ordedo24demaiode2021prazasvacantes.pdf1.39 MB


page | by Dr. Radut