MÁIS SOBRE AS LENDAS

Achegas históricas
Entre as fermosas montañas bañadas polo río Mandeo, nun fértil val áchase augas
arriba na súa marxe esquerda a sinxela e pintoresca aldea de Aranga coa súa igrexa
parroquial con advocación a San Pelayo, moi famosa polas romaxes que celebra
anualmente o día tres de Maio, en honor á Santa Cruz sendo moi venerada naquel
Templo pola atribución e fama de milagrosa.
Canta a lenda a Cruz apareceu na hoxe chamada Fuente Santa, situada esta case ao
fronte da Igrexa, na outra marxe do riu Mandeo e a beiras do antigo Camiño
Real que dende Muniferral conducía a Aranga e concretamente ao Castelo de Aranga,
atravesando o seu ponte Vella, que estivo situada uns cento cincuenta metros augas
arriba da actual, para proseguir a súa andaina cara ao Mosteiro de Aranga sito no
Carballal, atravesando as frondosidades dos vales, ou en dirección a La Mahía
subindo a escabrosa costa de Vieiro ata o cruceiro da Fragachá no lugar das
Louseiras. Ou ben tomar dito ao pasar a ponte, e dirixirse ao iglesiario polo camiño
que logo deste, leva ás aldeas A Eirixa, Velauxe e Pereira ou, por último desviarse
cara a Roibos pola costa da Saltarina, lugar onde se encontraba a taberna de Vito,
saciar a sede e proseguir a súa andaina.
Última modificación: Martes, 19 de Xullo do 2016, 11:35