FESTIVAL DE ORTIGUEIRA .RAÍCES MUSICAIS COMÚNS


Festival Internacional do Mundo Celta
Localización Ortigueira, Galicia Flag of Galicia.svg
Anos 1978-1987, 1995-actualidade
Nº edicións 24
Fundadores Escola de Gaitas de Ortigueira
Data Catro días, en xullo
Xénero Folk
Organizador Concello de Ortigueira
S.A. de Xestión do Plan Xacobeo
Web oficial www.festivaldeortigueira.com

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira é un festival de música folk tradicional das nacións celtas con máis de 25 anos de tradición. Celébrase cada verán na segunda fin de semana de xullo na vila de Ortigueira

O escenario principal sitúase no porto, con actuacións de grupos de música celta de gran nivel e fama internacional, coma Alan Stivell ou The Chieftains, entre moitos outros. Así mesmo, nos arredores do porto sitúase un escenario menor no que se dan cita grupos nóveis. Na praia de Morouzos e no piñeiral habilítase o espazo para que acampe a xente que acode ao festival.

Está considerado Festa de Interese Turístico Estatal, e é o maior festival celta canto a número de asistentes de toda a Península Ibérica (superando os 100.000 asistentes por edición).
Última modificación: Martes, 19 de Xullo do 2016, 11:35