O comerciante arruinado

Ocorreu nos Estados Unidos no inverno de 1929, pouco despois do crack da bolsa de Nova York. Moses Minnifield, un modesto comerciante, acababa de perder todos os seus aforros, xa que os tiña depositados nun dos moitos bancos que foran á creba eses días.

Moses vivía no piso 32 dun rañaceos da cidade de Chicago. Desesperado pola situación en que deixaba a súa familia, o comerciante subiu á fiestra do seu cuarto coa intención de suicidarse saltando ao baleiro. Naqueles momentos pola rúa non pasaba ninguén que puidese ve o home no beiril da fiestra  e evitar o suicidio dando aviso á policía ou aos bombeiros. Só no último momento, á muller de Moses deulle por entrar no seu cuarto e, ao velo na fiestra, intentou convencelo de que non saltase.

O home arrepentiuse ao escoitar as palabras da súa esposa e decidiu que non saltaría. Non quería morrer. Mais ao facer un movemento estraño sobre o beiril, Moses caeu.

Con todo, non morreu nin tivo lesión ningunha. Como é posible?


DiscusiónComezado porRespostasÚltimo comentario
O comerciante arruinado Imaxe de Joaquina Pérez Alonso Joaquina Pérez Alonso 2 Dom, 6 de Mai de 2012, 09:43