Comentarios feitos por Joaquina Pérez Alonso

Páxina: ()   1  2  3  4  ()
Imaxe de Joaquina Pérez Alonso
por Joaquina Pérez Alonso - Domingo, 18 de Marzo do 2012, 11:25
 

Un aburrido profesor de matemáticas sempre lles ofrecía aos seus estudantes problemas do tipo: "Un remeiro voga no seu bote durante 20 horas a unha velocidade constante de 30 km/h..." ou "Unha anciá sobre vinte andares polas escaleiras dun tañaceos e logo baixa un terzo do que subira...".

Unha das súas alumnas, cansa de problemas tan absurdos, presentoulle estoutro ao profesor:

"Un tren sae da Coruña cara a Vigo a unha velocidade de 80 km/h. Media hora despois, outro tren sae de Vigo cara á Coruña tamén a unha velocidade de 80 km/h. Tendo en conta que os trens non fixeron parada ningunha e que a distancia entre a Coruña e Vigo é de 160 km, cando os trens se crucen, cal dos dous estará máis cerca da cidade de Vigo?

O profesor tardou aínda un tempo en atopar a solución ao problema.

¿Cal é, segundo ti, a solución?


 
Pero hay personas que, a pesar de la mala situación familiar, salen adelante, ¿verdad?   ¿Cómo harán para conseguir esto? ¿Cómo crees tú que son esas personas? ¿Cómo las definirías?

 
¿Crees que James tiene mucho mérito por salir adelante, a pesar de esa situación?

 

Segundo algúns cronistas deportivos, un estraño feito sucedeu na pista de xogo o día en que o tenista estadounidense Jonh McEnroe disputou o seu derradeiro encontro prefesional. Este xogador era coñecido polo seu forte carácter. A miúdo, no mesmo partido, pasaba da euforia máis positiva ao enfado máis esaxerado.

Estaba a xogarse a bóla  decisiva  no quinto set. McEnroe, que subira á rede, tiña un golpe doado para gañar o punto e o partido. A pesar disto, para sorpresa de todos, fallou a bolea e a pelota quedou botando manseliña ao seu lado do campo. Nun ataque de carraxe, o tenista  estadounidense colleu coa man a pelota e lanzouna lonxe con todas as súas forzas. Esta desprazouse uns dez metros lonxe de McEnroe, parou un instante no aire e, por estraño que pareza, retrocedeu ata o punto desde onde fora lanzada. A pelota non batera contra nada e tampouco retrocedera por efecto do vento. Daquela...

Como foi posible? Por que retrocedeu a pelota no aire ata o punto desde onde McEnroe a lanzara?


Imaxe de Joaquina Pérez Alonso
por Joaquina Pérez Alonso - Mércores, 15 de Febreiro do 2012, 14:36
 

En certa ocasión, o restaurante "O Galo Gaiteiro"  recibiu a visita de César Cazolas, o máis prestixioso crítico gastronómico do país. Os donos do establecemento, sabedores de que Cazolas era moi esixente e meticuloso, procuraron ofrecerlle as súas mellores especialidades e o trato máis atento.

Todo parecía ir sobre rodas: o crítico xa estaba na sobremesa e acababan de servirlle un café que pedira. Os donos do restaurante xa ían levarlle persoalmente unha copa de licor, obsequio da casa, cando o crítico Cazolas pediu que lle cambiasen o café. Topara nel unha mosca!

Un camareiro foi ata alí decontado, pediulle mil desculpas e retiroulle a cunca. Case deseguido volveu da cociña cun novo café e serviullo ao crítico. Os donos estaban máis tranquilos pola dilixente reacción do camareiro. Non obstante, César Cazolas, despois de tomar un pequno grolo, berrou:

-Isto é unha vergoña! Este café é o mesmo que me serviran antes!

Para desgraza dos donos de "O Galo Gaiteiro" isto era verdade.

¿Cómo o soubo César Cazolas?


Páxina: ()   1  2  3  4  ()