Comentarios feitos por Joaquina Pérez Alonso

Páxina: ()   1  2  3  4  ()
Imaxe de Joaquina Pérez Alonso
por Joaquina Pérez Alonso - Martes, 1 de Maio do 2012, 16:03
 
Cuando James va al nuevo colegio, Kyle le prepara una novatada. ¿En qué consistió?

 

Ocorreu nos Estados Unidos no inverno de 1929, pouco despois do crack da bolsa de Nova York. Moses Minnifield, un modesto comerciante, acababa de perder todos os seus aforros, xa que os tiña depositados nun dos moitos bancos que foran á creba eses días.

Moses vivía no piso 32 dun rañaceos da cidade de Chicago. Desesperado pola situación en que deixaba a súa familia, o comerciante subiu á fiestra do seu cuarto coa intención de suicidarse saltando ao baleiro. Naqueles momentos pola rúa non pasaba ninguén que puidese ve o home no beiril da fiestra  e evitar o suicidio dando aviso á policía ou aos bombeiros. Só no último momento, á muller de Moses deulle por entrar no seu cuarto e, ao velo na fiestra, intentou convencelo de que non saltase.

O home arrepentiuse ao escoitar as palabras da súa esposa e decidiu que non saltaría. Non quería morrer. Mais ao facer un movemento estraño sobre o beiril, Moses caeu.

Con todo, non morreu nin tivo lesión ningunha. Como é posible?


Imaxe de Joaquina Pérez Alonso
por Joaquina Pérez Alonso - Sábado, 24 de Marzo do 2012, 14:29
 

Unha avoa paseaba co seu neto polo parque. Ao neno encantáballe pasar as tardes coa súa avoa porque esta sempre lle contaba unhas historias moi divertidas.

Aquela tarde a anciá, sentada nun banco do parque, observaba como o seu neto estaba a xogar á pelota. De súpeto, o neno achegóuselle con tres moedas na man.

-Olla avoa! -dixo o neno-, atopei estas tres moedas no chan.

A avoa observou as moedas. Eran tres pesetas vellas que con toda seguridade alguén debera extraviar do moedeiro. Non obstante, contestoulle así ao seu neto:

-Home! Pero se acabas de atopar as tres famosas moedas dos peregrinos franceses.

-Como?! -exclamou asombrado o neno-. Que é iso das moedas dos peregrinos franceses?

-Si. Conta a lenda que no Camiño de Santiago uns peregrinos franceses, dous pais e dous fillos, atoparon esas mesmas tres moedas. Logo repartíronas, e recibiu unha cada un deles.

-Iso non pode ser- indicou o neno.

-Pois foi como che digo. Pénsao ben e, se adiviñas como fixeron, podes quedar coas moedas.

O neno meditou na historia que lle acababa de contar a avoa. Finalmente, comprendeu como foi posible facer esa repartición e marchou contento para a casa coas famosas moedas dos peregrinos franceses no peto.

Sabes ti como se puido facer aquela repartición?



Imaxe de Joaquina Pérez Alonso
por Joaquina Pérez Alonso - Domingo, 18 de Marzo do 2012, 12:47
 

¿Cómo interpretas esta expresión?

Di tres ventajas y tres inconvenientes de estar en una pandilla.


Páxina: ()   1  2  3  4  ()