Que hora é?

 
 
Imaxe de Joaquina Pérez Alonso
Que hora é?
por Joaquina Pérez Alonso - Martes, 15 de Maio do 2012, 18:41
 
O seguinte suceso ocorreu hai poucos anos. Corría o mes de outubro. Había bastante tempo que Alexandre Quintela, veciño de Ourense, non sabía nada da súa irmá Iria, que vivía en Yenerife. Así que unha noite decidiu chamala por teléfono.

Despois de varias horas de conversa, Alexandre despediuse da súa irmá dicindo:

- Ben, Iria, mándoche un bico. Xa seguiremos falando outro día. É que xa é moi tarde.

- Que hora é? -preguntoulle a irmá.

- Son xa as dúas menos cuarto da madrugada -respondeu Alexandre.

- Como? Non pode ser. Aquí en Tenerife tamén son as dúas menos cuarto.

O máis curioso deste suceso, por incrible que pareza, é que certamente era a 1:45 da madrugada en Ourense e en Tenerife.

Como é posible?