O corte de pelo

 
 
Imaxe de Joaquina Pérez Alonso
O corte de pelo
por Joaquina Pérez Alonso - Domingo, 6 de Maio do 2012, 09:51
 

O señor Testán levaba varias semanas de viaxe por unha rexión que descoñecía cando chegou a unha unha fermosa vila costeira. Decidiu que era unha boa oportunidade para cortar o pelo, xa que o tiña moi medrado. Preguntoulle a un veciño en que lugar o podía facer e este indicoulle que só había dúas barbarías, as dúas situadas na praza da vila.

O señor Testán chegou á praza e, como era un home moi meticuloso, decidiu observar as dúas barbarías antes de elixir unha. Así que entrou na que tiña máis cerca. Dentro todo estaba moi desordenado e parecía coma se levasen varios meses sen limpar. Mesmo o barbeiro precisaba un barbeado e o seu corte de pelo era desastroso.

Deseguido, o señor Testán foi ata á outra barbaría, no outro extremo da praza. Alí viu todo limpo e ordenado. O seu responsable estaba perfectamente uniformado, ben barbeado e tiña un excelente corte de pelo.

Aínda que o servizo custaba o mesmo nos dous negocios, o señor Testán regresou a primeira barbaría para cortar alí o pelo.

Por que?

Imaxe de Carlos Taboada Lagares
Re: O corte de pelo
por Carlos Taboada Lagares - Xoves, 10 de Maio do 2012, 14:25
 

joakinaaaa... asolucion eqe un barbeiro llo corta o outro e ten unha un malcorte de pelollo corta ben o outro,.. por eso el foi a sucia.. jjeeejeeejee

Yo y mi perro
Re: O corte de pelo
por adri parga blanco - Xoves, 10 de Maio do 2012, 14:26
 

Imaxe de aroa gonzález vázquez
Re: O corte de pelo
por aroa gonzález vázquez - Xoves, 10 de Maio do 2012, 14:28
 
solo corta bn o pelo un
Imaxe de Asier Fernández Oliver
Re: O corte de pelo
por Asier Fernández Oliver - Xoves, 10 de Maio do 2012, 14:28
 
PORQUE UN LLE CORTA O PELO AO OUTRO (MI CHOCOLATINA)