A introducción de programas de xeometría dinámica e de proxector (ou pizarra dixital) na aula de secundaria, convértese nunha fonte de recursos para acadar algunhas das desexadas capacidades do alumnado, e un reto para o profesorado que lle obriga a un sobreesforzo de adaptación e actualización e a necesidade de ilusionar ao alumnado cos novos enfoques.
Os temas incluidos neste curso intentan facilita-lo labor do profesorado e proporcionar ferramentas de utilización na aula que axuden no desenvolvemento dalgunhas capacidades básicas.