Skip to Content

Orientación

"Concurso de Ilustración e Debuxo artístico sobre a realidade trans", convocado pola asociación Arelas

Con motivo da celebración do Día Internacional da Visibilidade Trans o próximo 31 de marzo, ARELAS, Asociación de Familias de Menores e Mocidade Trans de Galicia, convoca o “Concurso de Ilustración e Debuxo artístico sobre a realidade trans”, co obxectivo de seguir visibilizando e concienciando sobre a igualdade de oportunidades, o apoderamento das sexualidades non normativas e contra as discriminacións e violencias transfóbicas. 

 

Dentro deste concurso, establécense dúas categorías de concurso, con dous premios: o primeiro de 150 € e o segundo de 100 €.

A Primeira Categoría: concursantes ata 13 anos cumpridos.

A Segunda Categoría: concursantes de 14 anos cumpridos en adiante.

 

Os catro traballos premiados serán publicados nas redes sociais e na web de ARELAS. Os traballos deberán ser enviados antes das 24 horas do día 24 de marzo ao correo infoarelas@gmail.org. Entre o 24 e o 27 de marzo as persoas participantes recibirán unha comunicación de aceptación do traballo, verificando que se axusta ás bases. A decisión do xurado farase pública o 31 de marzo .

Abaixo tedes os arquivos coas bases e a normativa do concurso.

Obradoiro sobre resolución de conflitos

Aquí tedes a presentación do educador social Ramón Molina (Arelar Xestión Socioeducativa), que veu dar a charla para familias e profesorado  sobre "Estratexias para a resolución de conflitos cos nosos fillos e fillas" o pasado xoves 7 de marzo de 2024, como parte dos obradoiros de habilidades sociais impartidos no centro durante esa semana.

ORIENTALINE 2024

Dende o centro queremos presentarvos a aplicación de orientación académica e profesionalcoa que contamos este curso chamada Orientaline”.

Esta aplicación permite facilitarlle ao alumnado información sobre a ESO, as modalidades de Bacharelato ou a oferta de FP grao medio que se pode cursar ao rematar a ESO. Tamén poderedes consultar información sobre a oferta dos ciclos FP grao superior ou estudos universitarios.

Moi importante tamén que saibades que a aplicación permítevos cubrir os cuestionarios de autocoñecemento e poder fundamentar mellor a vosa toma de decisións vocacionais.

Se pinchades na ligazón poderedes acceder a aplicación dende os vosos móbiles, tabletas ou ordenadores.

PINCHA AQUÍ

Se tendes dúbidas podedes achegarvos a falar coa orientadora. Agardamos que vos sexa de utilidade!

Obradoiro de Coeducación: A igualdade e a prevención das violencias machistas nas relacións afectivas e sexuais 12/05/23

O pasado venres 12 de maio finalizou o Obradoiro de Coeducación impartido por Ángela (Feitoría Verde) no que participou a rapazada de 2º ESO do noso centro.

Neste obradoiro que se desenvolveu en abril e maio o alumnado puido aprender contidos, habilidades e valores relacionados cos estereotipos de xénero, roles de xénero, mitos do amor romántico, o "botrato" e o maltrato nas parellas, etc.

Obradoiro Coeducación 12/05/23

Obradoiro Coeducación 2º ESO 12/05/23

 

Programa Edureferentes 21/04/23

Ester venres o alumnado de 3º ESO A participou no Obradoiro  de Softskills e creatividade para potenciar as habilidades e competencias persoais e laborais , a segunda actividade do Proxecto Edureferentes

Programa Edureferentes 21/04/2023

Programa Edureferentes 24/03/2023

Este venres levouse a cabo co alumnado de 3º ESO-A a 1º actividade do Proxecto Edureferentes, o cal ten como obxectivo achegar ao alumnado información e acompañamento para facilitar o seu coñecemento sobre o mundo laboral, desde unha perspectiva de xénero.

Nesta ocasión o alumnado participou nunha charla informativa impartida por Gloria Solé e Carmen Pomar, dúas mulleres referentes en distintos ámbitos profesionais. 

O proxecto contará con 2 actividades máis: un Obradoiro dirixido a potenciar as habilidades e  competencias persoais e laborais co grupo e mentorías individuais. 

Programa Edureferentes 24/03/2023

Obradoiro de Regulación emocional, prevención da depresión e da ansiedade 06/02/2023

O luns 6 e 13 de febreiro desenvolveuse coa alumnado de 3º ESO-A o Obradorio de Regulación emocional dentro dos Contratos-Programa (CP Inclúe), concretamente no EMOCIONA-T.

Neste obradoiro o noso alumnado identificou as emocións básicas e as técnicas para a regulación emocional e aprenderon ideas clave para previr a ansiedade e a depresión.

 

 

Obradoiro de Prevención de trastornos alimentarios 01/02/2023

O pasado mércores 1 e venres 3  de febreiro, o alumnado de 2º ESO e 4º da ESO participaron non Obradoiro de Prevención de desordes alimentarias realizado dentro dos Contratos-Programa (CP Inclúe), concretamente no EMOCIONA-T.

Entre os temas tratados destacamos aspectos como o autoconcepto e autoestima, a análise crítica das mensaxes que se transmiten na publicidade e nas redes sociais, a gordofobia ou claves para una autoestima saudable, entre outros.

Alumnado 2º Obradoiro prevención trastornos alimentarios

 

Obradoiro prevención desordes alimentarias

Obradoiro de Habilidades Sociais e resolución de conflitos 23/11/22

Dende o 23 de novembro ata o 1 de febrero desenvolveuse coa alumnado de 2º ESO-A o Obradorio de HHSS e resolución de conflitos dentro dos Contratos-Programa (CP Inclúe), concretamente no CONVIVE-T.

Nestas sesións traballáronse co grupo aspectos relacionados coa cohesión grupal, as habilidades socioemocionais, os valores e a empatía, así como a posta en práctica de técnicas para resolver os conflitos de maneira pacífica e axeitada.

 

Obradoiro HHSS

 

Obradoiro Educación afectivo sexual 12/12/22

 

O luns 12 de decembro o alumnado de 3º ESO participou no Obradoiro de Educación afectivo sexual impartido por técnicas do Servizo QUEROT+ da Consellería de Política Social e Xuventude.

Obradoiro educación afectivo sexual 12/12/22

Distribuir contido


by Dr. Radut