OBRIGAS DOCUMENTAIS DO/A ESTUDANTE ERASMUS

A/o estudante Erasmus+:

  • RECIBE:
  1. Copia da Carta do Estudante Erasmus
  2. 80% da bolsa Erasmus antes de viaxar
  3. 20% da bolsa Erasmus despois de entregar o informe final do estudante + os documentos pendentes nese momento.
  4. Un Certificado da Estadía emitido pola empresa.
  5. Un Certificado conforme realizou as prácticas FCT como estudante Erasmus.
  6. Un Europass (documento dixital). Recibirá este documento unha vez asinado por todas as partes (titor/a da empresa + Director do IES As Fontiñas + Representante da Axencia Nacional Erasmus).
  • ENTREGA/ENVÍA:
  1. PRIMEIRO PASO (paso previo á selección):
    1. CV en inglés (ou na lingua na que realizará a estadía Erasmus)
    2. Carta de motivación en inglés (ou na lingua na que realizará a estadía Erasmus)
    3. Foto tamaño carnet
    4. Fotocopia do DNI
  2. SEGUNDO PASO (unha vez que foi seleccionada/o):
    1. Copia da póliza de seguro contratada para a estadía (médico + responsabilidade civil + accidentes).
  3. DURANTE A ESTADÍA:
    1. Cada semana da estadía enviará por correo electrónico as follas de actividades cumprimentadas para a análise por parte do/a titor/a.
    2. Training Agreement asinado polas 3 partes, escaneado e enviado por correo electrónico.
  4. DESPOIS DA ESTADÍA:
    1. Carpeta FCT debidamente cumprimentada.
    2. Un orixinal do Certificado da Estadía.
    3. O informe final do/a titor/a na empresa.
    4. Informe final da/o estudante Erasmus cumprimentado e asinado.
  • ASINA:
  1. Convenio Erasmus - IES As Fontiñas
  2. Convenio FCT - Xunta de Galicia
  3. Training Agreement (Acordo de Formación + Compromiso de Calidade)
  4. Documento onde asume compromisos co IES As Fontiñas
  • REALIZA (obrigatorio o test dende xaneiro 2015):
  1. Un test de nivel ONLINE do idioma do país de destino ANTES e DESPOIS da estadía - nos prazos establecidos.
  2. Se fose preciso e posible, un CURSO de idiomas ONLINE.
  • CUMPRIMENTA:
  1. A carpeta de FCT en galego/español + inglés.
  2. Un informe final do estudante (no prazo máximo de 30 días dende o remate das prácticas).
  • RECOLLE:
  1. A sinatura do/a titor/a da empresa no Training Agreement (debe escanear o documento asinado polas tres partes e envialo por correo electrónico a erasmus.fontinas@gmail.com).
  2. As sinaturas necesarias para a carpeta de FCT.
  3. O Certificado da Estadía que lle entregará a empresa ao final da estadía. Deberá recoller 2 orixinais (un quedará no seu poder e o outro será entregado no instituto).
  4. O informe final realizado por o/a titor/a da empresa.
Last modified: Friday, 25 March 2022, 1:31 PM