1) A mobilidade de estudantes en prácticas será totalmente recoñecida con:

  • A estadía nunha empresa estranxeira dentro do programa Erasmus será equivalente ao Módulo de FCT de cada Ciclo Superior de Formación Profesional (de 340 a 384 horas, segundo se trate dun ciclo ou doutro), sempre que obteña unha avaliación positiva. Os estudantes participantes deberán cubrir as fichas de seguimento semanais (o mesmo que o alumnado que realiza o periodo de prácticas no territorio nacional), que formarán parte da Carpeta de prácticas; estas fichas de seguimento serán asinadas tanto por titores da empresa de acollida como por titores do IES As Fontiñas. O Módulo de FCT dos novos ciclos (LOE) contan cunha asignación de 22 créditos - ECTS.
  • Emitiranse documentos Europass para todos os estudantes participantes en mobilidade internacional.
  • Un suplemento á titulación certificará o recoñecemento oficial e que o Módulo FCT foi realizado baixo o Programa Erasmus.

2) No caso dos recien graduados, as destrezas adquiridas na mobilidade constará no currículum Europass.

3) Nas mobilidades de persoal, emitirase un certificado tanto por parte da entidade de acollida como pola de envío. As autoridades educativas pertinentes recibirán información sobre o persoal participante de modo que poidan emitir certificados oficiais (con recoñecemento de horas ou créditos).


Last modified: Friday, 2 December 2022, 12:09 PM