LISTA PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA 2020/21

Publícase a listaxe provisional de alumnado admitido/excluído para estudar no IES As Bizocas no curso académico 2020/2021.

Segundo as recomendacións vixentes en materia de protección de datos, pódese consultar: presencialmente no taboleiro de anuncios situado no interior do instituto ou telematicamente (a través da aplicación "admisionalumnado" identificándose previamente, se a solicitude se presentou dese xeito).

Poderán formularse reclamacións no prazo de 5 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación desta listaxe. A estimación ou desestimación das reclamacións formuladas entenderase realizada a través da publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.