Extraescolares outros cursos

Os alumnos de 3º ESO D elaboraron unhas animacións científicas sobre o ébola e as infeccións víricas. Un estupendo traballo que proxectamos nas xornadas de Enciga que se están a celebrar no noso Centro os días 20, 21 e 22 de novembro.

 

 

 

O hall do Centro acolle esta semana unha exposición sobre virus, realizada polos alumnos de 1º de bacharelato e baixo a supervisión do profesor de Ciencias, Francisco Torrado. Aqui podedes ver unha mostra dos estupendos traballos dos nosos alumnos.

 

 

 

Esta semana podemos disfrutar, no hall do Centro, dunha exposición sobre pegadas fósiles (icnitas) de dinosauros. Nela vemos os diferentes tipos de pegadas de dinosauros, o proceso que as orixina e a situación dos principais xacementos de icnitas na península ibérica. Ademáis  tamén podemos realizar unha sinxela práctica a partir do rastro das pegadas feitas no solo do vestíbulo de como obter información destes fósiles.

 

 

 

 

Distribuir contido