ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25

O  prazo para presentar solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso escolar 2024/25 será entre o 1 e o 20 de marzo. O alumnado que xa está matriculado no noso centro non ten que presentar solicitude de admisión, xa que as súas prazas están reservadas para o seguinte curso sen necesidade de realizar ningún trámite.

Máis información  

FIN DE FESTA DO PROXECTO SAFTAS ERASMUS+

 

 

FIN DE FESTA DO PROXECTO SAFTAS ERASMUS+

O pasado dia 27 de xuño, como peche destes tres intensos e inesquecibles anos de traballo, o alumnado que participou neste proxecto xunto á coordinadora, Palmira Calvar, e Ángeles Pico, tiveron unha xornada de lecer na que practicaron piragüismo e disfrutaron dunha sesión de cine, "Love Simon".