Skip to Content

Automoción

Departamento de Automoción

Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020

No IES A Sangriña as operacións financiadas pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos da Consellería de Educación de Facenda e Administración Pública son as seguintes:

-        Ciclo Medio 1º Xestión Administrativa
-        Ciclo Medio 2º Xestión Administrativa
-        Ciclo Medio 1º Sistemas Informáticos e redes.
-        Ciclo Medio 2º Sistemas Informáticos e redes.
-        Ciclo Medio 1º Electromecánica de vehículos automóviles
-        Ciclo medio 2º Electromecánica de vehículos automóviles

Estas ensinanzas serán cofinanciadas nun 80% polo Fondo Social Europeo (FSE), no marco do obxectivo temático 10 ”Investir na educación, na formación, incluída a Formación Profesional para o desenvolvemento das capacidades e aprendizaxe permanente” do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.

 

II Xornadas técnico-informativas de pintura do automóbil

O departamento de Automoción celebrou as II Xornadas técnico-informativas de pintura do automóbil, coa colaboración do Grupo Recalvi. As xornadas comezaron cunha pequena charla no salón de actos a cargo do director detal do grupo Recalvi sobre as novas técnicas na pintura do automóbil, e tamen falou a dinamizadora da Consellería para informar ao alumnado sobre a FP dual. A continuación, desprazáronse aos talleres para realizar prácticas e demostracións a cargo dos técnicos aplicadores do grupo Recalvi.

Xornada FP Dual Carrozaría

Mañá martes 21 de xaneiro terán lugas as Xornadas de Automoción, co seguinte programa:

9:30 / 10:00 Presentación Recalvi.

10:00 / 11:00 Preparación de pezas para aplicación de masillas (para aluminio, plásticos, e de carroceiro).

11:00 /11:15 Descanso.

11:15/12:00 Aplicación de aparellos sobre masillas.

12:00 Repintado e vernizado de pezas.

Autobuses UNVI

O alumnado dos ciclos de Automoción e mais o de 2º de Bacharelato tecnolóxico realizaron nunha visita á empresa construtora de autobuses UNVI, pertencente ao grupo automobilístico Pérez Rumbao, o pasado do 19 de novembro. A visita resultou moi interesante polo feito de poder observar os distintos postos de traballo das operarias e operarios relacionados cos ciclos que impartimos no instituto: chapa, pintura, mecánica, electricidade na automoción etc.

Distribuir contido


by Dr. Radut