Skip to Content

Recursos didácticos

Videos, imaxes, animacións, simulacións. Conxunto de recursos multimedia aos que temos acceso a través de internet

Visible Body. Aplicación interactiva en 3D para o estudio do corpo humano

Captura de Visible Body
Magnífico proxecto que nos ofrece unha unha aplicación interactiva en liña para estudiar a anatomía humana. Podemos navegar e intertactuar cos sistemas e organos máis importantes do corpo en 3D.
Para executar a aplicación debemos usar o navegador Internet Explorer e despois de rexistrarnos na páxina temos que instalar un plugin que permite visualizacións de realidade virtual.

Recursos didácticos de Matemáticas e de Ciencias

Skoool.es e unha excelente páxina web de contidos multimedia de gran calidade. Na páxina trátanse contidos do primeiro e segundo ciclo da ESO das materias de Matemáticas, Física, Química e Bioloxía.

Os recursos de Skoool.es están concibidos como recursos complementarios para o desenvolvemento dos contidos curriculares.

 

skoool.es

 

Banco de sons do MEC

Dentro dos múltiples recursos ofrecidos polo MEC temos este interesante banco de sons de uso libre en aplicacións educativas.

Páxina de presentación do banco de imaxes

Aprendizaxe de idiomas en liña con Mango Language

Mango Language é un servicio web de aprendizaxe de idiomas (inglés, francés, ruso, alemán, etc) gratuíto, multimedia e interactivo. Cada curso dispón de 100 leccións. Para acceder a este servicio simplemente nos temos que rexistrar na páxina. É unha ferramenta excelente tanto para o aprendizaxe autodidacta como para usar nas clases de aprendizaxe de idiomas.

 

 

Novos contidos na aula aberta virtual de tecnoloxía

Na aula virtual do IES A SANGRIÑA, na sección da aula aberta de tecnoloxía, acábase de incorporar un novo apartado: MECANISMOS ANIMADOS INTERACTIVOS. Estes animacións, feitas no programa de xeometria Cabri Geometre, temos que agradecerllas a colaboración do profesor Manuel Álvarez de Debuxo Técnico. Esperamos que siga colaborando na aula virtual do instituto con outras apartacións.
imaxe do mecanismo de leva e panca


Distribuir contido


by Dr. Radut