Skip to Content

Matemáticas

Os fractais

O pasado mes de abril, os alumnos Carlos Martínez, Sergio Piña e Aarón Silva, de 2º de Bacharelato, participaron no concurso "Explícoche Matemáticas 2.0" da facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

O concurso consistía na elaboración dun vídeo acerca de contidos matemáticos. Os alumnos decantáronse pola rama da Xeometría e realizaron un entretido vídeo sobre os fractais.

O vídeo non foi clasificado para acadar o premio, pero o certo e que estes alumnos fixeron un gran traballo. Parabéns aos tres!

Olimpíada matemática

27/04/2017 10:30
27/04/2017 11:30
Etc/GMT+1

Na primeira fase da Olimpíada Matemática Galega 2017 representaron ao centro oito alumnas e alumnos de 2° de ESO.

Sul Baz, Sandra Martínez e Iria Martínez, de 2° ESO A; Víctor Adrover, Diego Lima e Raquel Martínez, de 2° B; e Carlos Alfonso e Miguel Moreira, de 2° C, asistiron ás probas celebradas no IES O Castro (Vigo) o pasado 27 de abril, acompañados da súa profesora Carmen López, con moita ilusión e moitos nervios. Tras dúas horas de competición, dos 95 participantes nesta primeira fase de zona serían seleccionadas nove persoas para pasar á final, que terá lugar o 18 en maio en Lugo.

Temos unha moi boa noticia: entre eses nove hai tres nomes do IES A Sangriña, quedaron finalistas Sul, Iria e Víctor!

Parabéns a todo o alumnado participante, e especialmente ao finalista! Sodes un orgullo para o noso centro.

A Sangriña, subcampioa galega no Rally Matemático

30/03/2017 12:00
Etc/GMT+1

Celebrouse a final galega do Rally matemático Sen Fronteiras o pasado xoves na facultade de Química, en Santiago de Compostela. O equipo que representaba o IES A Sangriña, conformado por alumnas e alumnos de 1° de ESO, quedou na segunda posición, no posto de subcampión. O primeiro posto foi para o IES Rosalía de Castro, de Compostela, e o terceiro para CPR San Fermín, de Caldas de Reis.
O noso equipo fíxoo xenial e apenas unhas décimas o separou do campión. Parabéns ao grupo!

Relatos ganadores no I Concurso do día de Pi

03/03/2017 12:00
Etc/GMT+1

O pasado 3 de marzo celebrouse o I Concurso do día de PI, organizado polo Departamento de Matemáticas para o alumnado do noso centro, e no que participaou alumnado de ESO e de Bacharelato. O concurso consistía na creación dun texto, o máis longo posible, no que o número de letras de cada unha das palabras seguise as cifras decimais do número pi.
Resultaron ganadores os seguintes textos:  

Na categoría de 1º, 2º e 3º da ESO, en lingua castelá:
Leo y Juan o María caminaron al puente viejo con cinco perritos huérfanos, tristes, aburridos, más en los hátitats feos. Suelen ir juntos para ser más honrados con la mascota obediente común en familias gentiles. Solo y solamente asisten a buenos cachorros muy doloridos. Solamente van viernes, hasta a veces domingos en primavera. Raquel Martínez Pena 2º ESO B  

Na categoría de 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato, en lingua castelá:
Dos o tres a Soria marchaban en burros. Yendo por Pinto, detúvose Alejandra Alfonso, parándose por la vez undécima. Miró detrás, al bosque, para ver con disimulo los no escasos arándanos rojos. Néstor Lomba Lomba 1º Bach B.

Desde o Departamento de Matemáticas agradecemos a participación do alumnado e agardamos que para o ano se anime máis xente a concursar.

Distribuir contido


by Dr. Radut