Skip to Content

Matemáticas

Entrega de premios do concurso "Amigos de π"

O mércores 14 de marzo, día internacional do número π, o Departamento de Matemáticas repartiu os premios do concurso de relato curto.
 
Os gañadores foron Aldara Otero Rodríguez, de 3º ESO C por A batalla dos números e Néstor Lomba Lomba, de 2º BACH B por Romance de Pi
 
Parabéns! 
 
 
 
 

II CONCURSO AMIGOS DE π

O próximo mércores 14 de marzo é o día mundial de π, e para celebralo, o Departamento de Matemáticas organiza o II concurso AMIGOS DE π, no que haberá diferentes premios.
 

Tamara Rodríguez, ganadora do Certame Internacional de Fotografía Matemática

29/06/2017 11:59
Etc/GMT+1

Estamos de celebración: a alumna Tamara Rodríguez Adrover, de 1º de Bacharelato B, resultou ganadora do Certame Internacional de Fotografía Matemática do IES Carlos Casares (Viana do Bolo), coa súa obra Sil-metría, na categoría Premio do Xurado.

Parabéns a Tamara, agardamos que goce moito do agasallo. Os nosos agradecementos tamén ao Departamento de Matemáticas do IES Carlos Casares por esta iniciativa tan prometedora. Sen dúbida, as matemáticas esténdese moito máis alá da pura abstracción da álxebra ou dos números, facéndose presente na natureza, polo que só temos que mirar ao noso arredor para gozar delas.

 

XIII Certame Internacional de Fotografía Matemática

15/05/2017 09:00
31/05/2017 14:00
Etc/GMT+1
Imaxe cartaz
Tres estudantes do IES A Sangriña están a participar no XIII Certame Internacional de Fotografía Matemática do IES Carlos Casares de Viana do Bolo. O concurso, que consiste na presentación dunha fotografía que garde relación coas matemáticas, ten un apartado de votación popular no cal calquera persoa con dirección de correo electrónico pode realizar o seu voto.

Desde o Departamento de Matemáticas animámosvos a botarlle un ollo as fotografías que participan, facendo fincapé nas dos nosos compañeiros Marcos Patiño, Tamara Rodríguez e Alejandro Baz, ambos os tres de 1º de Bacharelato.

Deixámovos as fotografías presentadas por cada un deles e a ligazón para acceder a páxina onde podedes votar as fotografías:

  • "Sil-metría" : Tamara Rodríguez.
  • "cosx = sen x - 1" : Marco Patiño.
  • "O pequeno é ao grande como o grande é a todo": Alejandro Baz.


Enlace ao blog do IES Carlos Casares (para votar):

http://ochoupindixital.blogspot.com.es/2017/05/concurso-de-fotografia-matematica.html

Grazas a todas e todos pola vosa colaboración. 

SIL-METRIA

Distribuir contido


by Dr. Radut