Skip to Content

COVID-19

Medidas organizativas e de seguridade sanitaria para a docencia presencial.

O IES A Sangriña, á espera da confirmación polas canles normativas oficiais da resolución da CEUFP pola que se reinicia a actividade lectiva presencial para 2º de bacharelaro e 2º de FP o vindeiro 26 de maio, e se determinan as instrucións para o que resta do presente curso así como a adopción das medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial dos centros de ensino non universitario, todas elas previsións suxeitas á declaración por parte do Goberno do Estado de entrada da Comunidade de Galiza en fase 2 de desescalada, establece as medidas organizativas e de seguridade sanitaria que podedes consultar no arquivo adxunto. 

Reunión informativa do profesorado

Con motivo do anuncio feito pola CEUFP do reinicio das clases presenciais voluntarias para segundo de Bacharelato (e Ad) e segundo de ciclos FP Grado Medio e Superior e 2º FP Básica, convócase unha reunión informativa do profesorado de 2º Bacharelato que terá lugar o luns 25 de maio de 10:30h a 11.30h no salón de actos do centro e que terá como obxecto informar dos aspectos prácticos e organizativos cara ao reinicio das clases presenciais no IES A Sangriña para os ditos cursos  . 

Atención telemática e desenvolvemento do terceiro trimestre.

Achegamos información para alumnado e familias sobre o terceiro trimestre do presente curso 2019-2020 no documento adxunto.

A solidariedade da nosa veciñanza

O IES A Sangriña quere transmitir o seu profundo agradecemento a Global A Guarda e a todas as persoas particulares que cederon tan xenerosamente os seus equipos informáticos a aqueles alumnos e alumnas que non dispuñan dos medios técnicos para seguir a marcha do curso desde a casa. GRAZAS.

Día da Educación Física na casa

Hoxe, 28 de abril, celébrase o "Día da Educación Física na casa" (#DEFC2020) Durante o confinamento estase a demostrar que a Educación Física é moi importante para o mantemento do benestar físico e psíquico das persoas.
Desde o Departamento de EF do IES A Sangriña convidámosvos e animámosvos a participar enviando ao profesorado deste Departamento algunha foto ou vídeo curto voso practicando algunha das propostas que vos foron enviadas aos vosos correos, sós ou aínda mellor en familia!!! Difundirémolas nas redes sociais do instituto, reivindicando a importancia desta materia e amosando á sociedade esta outra forma de traballar a EF que o confinamento nos descubriu.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut