Skip to Content

COVID-19

PLAN ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 IES A SANGRIÑA 2020-2021. GUÍA INFORMATIVA DAS MEDIDAS DE ORGANIZACIÓN IES A SANGRIÑA. CURSO 2020-21

 Adxuntamos coa presente:

1. Plan de Adaptación á situación COVID-19 do IES A Sangriña. Curso 2020-21.

2. Guía Informativa das medidas de organización do IES A Sangriña. Curso 2020-21.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS E Á COMUNIDADE ESCOLAR DO IES A SANGRIÑA SOBRE O INICIO DE CURSO 2020-21

 

  Estimadas familias

 

  Neste inicio de curso cheo de tantas incidencias e incertezas, o equipo directivo do IES A Sangriña considera que cómpre informar de todas as circunstancias ocorridas ata o de agora e que teñen como consecuencia a falta de decisións firmes cara a organización do vindeiro ano académico.

Concentración no IES

Esta mañá manifestáronse membros da comunidade escolar do IES A Sangriña nunha concentración á porta do centro para apoiar aos equipos directivos e ao profesorado e esixir un aprazamento no inicio do curso.

ATENCIÓN: NOVAS DATAS DE INICIO DE CURSO 2020-2021.

A Consellería de Educación, CEUFP, acaba de facer público que o inicio do curso 2020-2021 para ESO, Bacharelato e FP, adíase ata os días 23, 24 e 25 de setembro.

Desde a Dirección do IES A Sangriña comunicamos que, consecuentemente, quedan suspendidas as actividades de presentación programadas para a semana do 14 ao 18 de setembro.

Pregámosvos permanezades, nas vindeiras datas, atentos e atentas ás novas publicadas por esta mesma canle.

A Dirección.

Addendas ás programacións didácticas, curso 2019-2020

Addendas ás programacións didácticas dos Departamentos, elaboradas por causa do estado de alarma declarado pola pandemia da COVID-19, durante o curso 2019-2020. Nelas recóllese a forma de avaliar no terceiro trimestre e no final de curso. 
Para acceder aos documentos requírese o seguinte contrasinal: addendas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut