Skip to Content

COVID-19

CONFINAMENTO BACHARELATO DIÚRNO

En vista das circunstancias, e tal e como foi notificado o venres por Abalar, o alumnado de Bacharelato diúrno non asistirá a clase luns 20 e martes 21, e pasará a ser atendido estes días, na medida do posible, por vía telemática.

INFORMACIÓN DIRECCIÓN IES A SANGRIÑA SOBRE A SITUACIÓN SANITARIA COVID

Hoxe día 17 de decembro, a dirección do IES A Sangriña, vén de suspender as clases de Primeiro e Segundo de Bacharelato logo de constatar, na tardiña de onte, que un número considerable de alumnado dos citados cursos estaba rexistrando positivos por covid en tests de antíxenos.

Para evitar unha potencial situación de contaxio xeralizado, o Equipo Directivo do centro comunicou a última hora da noitiña de onte, e a través de Abalar, a pais e nais do alumnado de Bacharelato do centro a suspensión das clases de hoxe para estes cursos.

A Dirección do IES A Sangriña a través da presente informa a toda a comunidade escolar do centro que dende primeira hora desta mañá do día 17, contactóuse co Servizo de Inspección e coa central de seguimento Educovid para facerlle chegar puntualmente os pormenores desta situación.

Aproveitamos para facer un chamado á solidaridade e á responsabilidade recordando a todos os membros da comunidade escolar do IES A Sangriña (profesorado, pais/nais, alumnado, persoal non docente) a necesidade de preservar a seguridade sanitaria colectiva colaborando en atallar calquera situación que poda propiciar ou poñer en risco a seguridade sanitaria.

Grazas pola vosa colaboración.

A Dirección.

LISTAXES PROVISIONAIS DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Xa tedes á vosa disposición as LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO E EXCLUÍDO no taboleiro de anuncios que está situado na entrada do instituto.

En caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous días hábiles ao da súa publicación. A listaxe definitiva de alumnado admitido e excluído publicarase o mércores 1 de decembro no mesmo taboleiro da entrada principal ao centro.

En canto cheguen as máscaras ao centro procederase ao seu reparto entre as familias do alumnado que resultou beneficiario desta axuda. Indicarase o día e a hora de recollida das máscaras a través da web do centro.

Para calquera dúbida ou aclaración contactade coa Vicedirección do centro.

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS CURSO 2021-2022

Prazo de presentación de solicitudes: 15-26 de novembro.

Lugar: secretaría do centro.

Máis información nos dous documentos adxuntos.

Distribuir contido


by Dr. Radut