Skip to Content

Intercambio de grupos

Intercambio de grupos

Intercambio con Francia, 2015

07/04/2015 09:00
14/04/2015 09:00
Etc/GMT+1

Bienvenue!

Quince estudantes do Collège Boris Vian de Dunkerque compartirán connosco 7 días de actividades culturais, deportivas e lingüísticas, no marco dun intercambio escolar.

No día de onte franceses e guardeses gozaron da súa primeira visita xuntos, nas illas Cíes.

 

Bon séjour à tous!

Intercambio co Collège Boris Vian de Dunkerque, xaneiro de 2015

27/01/2015 17:00
Etc/GMT+1

Benvidos ao Norte!

Dezaseis alumnos de 2º e 3º ESO inician hoxe unha viaxe de intercambio co Collège Boris Vian de Dunkerque.
Ao longo da semana, convivirán coas respectivas familias francesas e gozarán dun atractivo programa de actividades culturais e deportivas, organizadas polo centro galo. Visitarán distintas cidades da Rexión Nord-Pas-de-Calais así como as cidades belgas de Ypres e Bruxas.

Bon séjour!

 

 

Probas de nivel de portugués para ciclos medios

29/10/2014 15:00
Etc/GMT+1
O mércores 29 de outubro ás 15:00 h na aula 16 celebraranse as probas de nivel de portugués para o alumnado de ciclos medios de FP e recén titulados.

Intercambio con Italia

03/04/2014 08:20
10/04/2014 20:00
Etc/GMT+1
Onte chegou a Terni (Italia) o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato participante no intercambio co IM Francesco Angeloni, co que visitará Roma, Perugia e Orvieto.
Distribuir contido


by Dr. Radut