Skip to Content

Club de lectura

Primeira sesión do Club de Lectura

Hoxe ás 14:45 primeira reunión do Club de Lectura na Biblioteca.

Volve o noso Club de lectura!

03/10/2017 11:55
03/10/2017 12:20
Etc/GMT+1

Volve o club de lectura "Na raia" con varias novidades. Unha delas é que estreamos conta en Instagram: @lectoresnaraia https://www.instagram.com/p/BZv5UlxHFoH/?hl=es&taken-by=lectoresnaraia

Teremos a primeira reunión este mércores día 4 de outubro na Bibliotrega durante o segundo recreo. Animádevos!

Lembrade que podedes seguir as novas do Club mediante o blog e a nova conta de Instagram

 

O club de lectura Na raia recibe ao alumnado do CEIP A Sangriña

21/06/2017 11:05
Etc/GMT+1
Para rematar a viaxe lectora deste curso, hoxe 21 de xuño o club de lectura "Na Raia" recibiu na Bibliotrega os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria do CEIP A Sangriña. Os lectores e lectoras na raia contáronlles o que fixeron durante o curso, os libros que leron, as actividades que compartiron, o seu paso polas Xornadas de Clubs de Lectura...
Os futuros compañeiros e compañeiras escoitáronos con atención e tamén falaron dalgunhas das súas lecturas deste ano, recomendando obras como por exemplo Dúas bágoas por Máquina, de Fina Casalderrey.
Foi un pracer compartir ese tempiño, e parece que moitas e moitos xa están dispostos a converterse en "lectores e lectoras na raia" o próximo curso.
Vémonos en setembro. O club de lectura "Na raia" deséxanos a todas e todos un fantástico verán cheo de boas lecturas!!!

Primeiro encontro oficial do Club de Lectura Na raia

O pasado mes de outubro de 2016, os membros do club de lectura "Na raia" celebramos a nosa primeira reunión. Falamos sobre o que faremos durante o curso, escollemos os nosos próximos libros entre todos, mediante a lectura de fragmentos “a cegas”, rimos e fixémonos co que vai a ser a nosa primeira aventura conxunta: A mansión dos Pampín, de Miguelanxo Prado. Acordamos lela en dúas semanas e comezar coa seguinte, que xa contaremos cal é. Por certo, agradecemos moito ao CEIP A Sangriña que nos prestara algúns exemplares.

Se alguén se anima a unirse ao noso grupiño falade coas profesoras Gisela ou Neves.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut