Skip to Content

O recuncho dos tres erres

Durante as datas de Nadal o consumo de recursos na nosa sociedade sobe espectacularmente. Como consecuencia aumentan as emisións de CO2 e outros contaminantes (xerados tanto no proceso de fabricación dos bens de consumo como no transporte destes), crece a nosa pegada ecolóxica e agrávanse os impactos ambientais que as persoas xeran no medio.

Consciente desta problemática, o alumnado do Ámbito Científico e Matémático de 2º de PCPI e de 4º ESO C propúxose axudar a paliar os graves danos provocados por este consumo incontrolado, e para tal fin idearon un espazo, O recuncho dos tres erres, que pretende actuar sobre os tres erres da ecoloxía (redución, reutilización e reciclaxe), e no que ofrecen moi boas ideas para reducir o consumo e reutilizar ou reciclar refugallos. Convíndanos a todos e a todas a levalas a cabo! 



story | by Dr. Radut