Skip to Content

ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DO CURSO 2021-2022

Xa podedes solicitar a participación no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (préstamo de libros) e AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR (vales de material) para o alumnado da ESO.

As solicitudes podedes recollelas en conserxería e, unha vez cubertas, debedes presentalas coa documentación necesaria na secretaría do centro.

As solicitudes tamén poderán presentarse por vía electrónica empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES: do 20 DE MAIO ao 22 de XUÑO de 2021.

O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña

praza en formación profesional básica no curso 2021/22 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda, cando non presentase solicitude de participación no fondo solidario nin de axuda para adquir

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2021/22, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2020/21. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a súa entrada en prazo e enviaraa ao centro de destino en que o alumno resulte admitido, que será o encargado da súa gravación e tramitación.ir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun mes desde a formalización da matrícula. 

OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS DE LIBROS PROCEDENTES DO FONDO SOLIDARIO

  1. Devolver os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso 2020/21. A falta de devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir material escolar no curso 2021/22.
  2. Conservar en bo estado os libros de texto e devolvelos ao rematar o curso, en xuño ou setembro, segundo o caso.
  3. Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.
  4. É imprescindible traer o xustificante de entrega o día da devolución dos libros de texto.

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO DO PRESENTE CURSO

O alumnado da ESO deberá devolver os libros de texto ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2021/22 nos días e no horario indicados anteriormente, agás o alumnado que teña algunha materia pendente para setembro, que poderá quedarse só cos libros correspondentes ÁS MATERIAS SUSPENSAS ata que se examine en setembro (2021).



story | by Dr. Radut