Skip to Content

Reparto de máscaras.

A Xunta de Galicia acaba de publicar a orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras hixiénicas entre o alumnado que máis o necesite matriculado nas etapas de Primaria, ESO e Educación Especial dos centros sostidos con fondos públicos (Orde do 6 de novembro de 2020. Diario Oficial de Galicia nº 230, do 13.11.2020).

Tal e como establece a convocatoria, todos os/as alumnos/as que contan con axudas de material escolar (VALES DE MATERIAL) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no presente curso 2020-21 serán beneficiarios directos das máscaras, polo que neste caso non terán que formalizar ningunha solicitude.

O resto do alumnado −aínda que non conte con axuda de material escolar− tamén poderá beneficiarse do subministro de máscaras sempre que reúna o requisito de renda per capita igual ou inferior a 6.000 euros. Neste caso, para poder beneficiarse do reparto de máscaras, é obrigado tramitar a correspondente solicitude, cuxo prazo para formalizala permanecerá aberto desde o luns día 16 ata o 27 de novembro.

Máis información na carta adxunta.

PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES:

Do 16 ao 27 de NOVEMBRO de 2020

AdxuntoTamaño
ORDE DO 6 NOVEMBRO DE 2020 (DOG).pdf608.65 KB
REPARTO DE MÁSCARAS 20 21. CARTA ÁS FAMILIAS.doc60 KB


story | by Dr. Radut