As II Xornadas de Automoción do noso centro terán lugar os días 18 e 19 do vindeiro mes de abril. Nelas, o alumnado recibirá dous cursos de relevante importancia para o seu traballo.
Na mañá do día 18 impartirase un curso de primeiros auxilios, reanimación e actuación en caso de accidente de traballo. Pola tarde, o GES da Guarda impartirá nas súas instalacións un curso contra incendios onde o alumnado practicará a extinción dos distintos lumes que se poden atopar nun taller de automoción. Ademais, farán unha práctica de excarceración de coche coa finalidade de sensibilizar ao alumnado sobre a siniestralidade nas estradas.
O mércores 19, no salón de actos, terá lugar unha charla de rehabilitación de motos, unha xornada aberta sobre o mundo da competición, e as saídas laborais que ofrece o ámbito da automoción.
Tamén se fará a inaguración da primeira taquilla de bicis de Galicia: o noso centro é pioneiro neste tipo de actividades de fomento do vehículo do futuro, a bicicleta. Lembremos, ademais, que o día 19 é o Día Mundial da Bicicleta. Para o fomento deste vehículo ecolóxico e saudable pídese a participación dos demais Departamentos, co obxectivo de deseñar actividades conxuntas que fomenten o seu uso.