A través da exposición "Aquela nena de Sarria" composta por doce paneis elaborada polo colectivo Egeria co patrocinio da Consellería de Cultura e a colaboración do concello de Sarria e da Real Academia Galega honramos a figura de Xela Arias, autora homenaxeada este ano 2021 o Día das Letras Galegas.

Adiantamos tamén que o venres 14 de maio terá lugar unha representación de Serafín Marcos titulada "De Carvalho Calero a Xela Arias" dirixida aos alumnos de 4º ESO.

Dende o IES queremos agradecer o traballo realizado pola profesora Marisol Taboada na realización destas dúas actividades.

Picando na seguinte imaxe poderedes acceder a algunha das fotografías realizadas aos paneis.