O 16 de outubro de 2015 o noso alumnado de primeiro de bacharelato tivo a inmensa sorte de contar coa presencia da intensivista Eva, coa enfermeira Lucía e coa persoa que tivo un transplante, Lola. Elas lle explicaron en que consiste a doazón de organos, como se realiza o procedemento, en que casos, lle proporcionaron información obxectiva sobre condicións nas que unha persoa pode ser donante, etc.
Dende aquí queremos agradecer que, un ano máis, a OCT colabore con nós nesta importante labor de concienciación.
Aquí tendes o enlace [3] a galería multimedia.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
trasplantes_octubre2015.pdf [4] | 180.19 KB |