Convocatoria asemblea xeral anpa - 28 de novembro 2022
Pola presente, convócanse todas as persoas socias da Anpa do IES Xelmírez II a unha Asemblea Xeral Ordinaria, que se celebrará o luns, día 28 de novembro, ás 18:00 horas en primeira convocatoria e ás 18:30 horas en segunda (hora previsible de comezo), na Biblioteca do IES Xelmírez II, para tratar a seguinte:
ORDE DO DÍA:
1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2.- Informe do curso 2021-2022.
3.- Estado de contas do curso 2021-2022.
4.- Informe do traballo de comezo do curso: banco de libros, taquillas e outros.
5.- Orzamento e previsión de actividades para este curso 2022-2023.
6.- Cota para o curso 2023-2024.
7.- Incorporación e baixas de novos membros da Xunta Directiva.
8.- Rolda aberta de intervencións.
Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2022
O Presidente
Asdo. Eduardo Moscoso Mato
A TODAS AS PERSOAS SOCIAS DA ANPA DO IES XELMÍREZ II
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Convocatoria Asemblea Xeral novembro 2022.pdf | 34.12 KB |