Entregas de chaves de taquillas e petición de cambios
Despois de facer algúns cambios de localización das taquillas, que afectan ás taquillas do segundo andar (onde están as clases de 1º, 3º e 4ª da ESO), comezamos hoxe co proceso de entrega de chaves ó alumnado que solicitou nova taquilla. Estas entregas irémolas realizando pouco a pouco ata completar o proceso.
Para recibir a chave, o alumnado non ten que facer nada, xa que lle será entregada polas conserxes ou por unha profesora.
Aquelas persoas que teñan a súa taquilla do ano pasado lonxe da súa nova clase, poden solicitar cambio de taquilla. Se a súa taquilla do ano pasado está no segundo andar, rogamos que miren onde quedou colocada despois dos cambios realizados, porque quizais agora quede cerca da súa aula.
Para solicitar cambio de taquilla, pedímosvos que metades a chave vella nun sobre (podedes pedir un sobre na conserxería), poñades nel o nome da/o alumna/o e o número de taquilla, e metades o sobre no buzón da anpa, que está no vestíbulo, enfronte da conserxería. Despois duns días seravos entregada a chave dunha nova taquilla próxima á vosa nova aula.