Skip to Content

Cota de socia/o e alugamento de taquillas 2022-2023

Prezadas familias:

Tal como foi decidido na última asemblea xeral, para o próximo curso 2022-2023 a cota da anpa continuará sendo de 10 € por familia. O alugamento de cada taquilla manterase en 5 €.

Para facerse socia/o o procedemento é o seguinte:

  • Debedes baixar o documento ANPA-Asociarse 2022-2023.pdf do final desta entrada (onde pon “1 adxunto”) e encher os datos familiares e da/do(s) alumna/o(s).
  • Deberedes ingresar a cantidade corresponde á cota de socia/o (+ taquilla(s), se procedese) na conta bancaria que se indica no propio documento, e escaneade ou fotografade o xustificante do ingreso.
  • Enviade ambos os documentos ó correo electrónico da anpa (anpa.xelmirez2@gmail.com).

O documento para facerse socia/o (ANPA-Asociarse 2022-2023) é un pdf editable no que podedes encher os vosos datos. Aínda así, pode dar erro dependendo do visor de pdf que usedes. En todo caso, podedes imprimilo, encher os datos a bolígrafo e escanealo ou fotografalo.

Agradecemos que realicedes este trámite antes do 1 de setembro.

 

As chaves das taquillas para novas solicitudes comezarán a ser entregadas a partir do 19 de setembro.

As persoas que xa tiñan taquilla no curso anterior poden seguir usándoa a partir de setembro. Quizás se produzan cambios na ubicación dalgunhas taquillas, para adaptalas ás localizacións das aulas (estas mudanzas de lugar serán anunciadas nesta web). A partir de comezos de outubro, unha vez que se anuncie neste web, solicitarase a quen o desexe que devolva a chave da súa vella taquilla para serlle entregada unha nova, máis próxima á súa nova aula (rógase que non se devolvan chaves para cambios ata que se indique).

AdxuntoTamaño
ANPA-Asociarse 2022-2023.pdf379.36 KB


page | by Dr. Radut