Skip to Content

Banco de libros da anpa (2022)

 A continuación informamos de como vai ser a organización do banco de libros neste ano 2022.

Antes de nada hai que sinalar que para o ano 2022-2023 cambia o currículo dos cursos impares (1º ESO, 3º ESO, 1º Bacharelato), polo que mudarán os libros destes cursos e non van servir os libros que temos actualmente.

Por este motivo, nin se van recoller os libros deses cursos impares que estaban en préstamo, xa que non son válidos para nada, nin se van prestar libros para estes cursos impares, porque non teremos ningún.

Entrega e doazón de libros

Como acabamos de indicar, só se recollerán os libros prestados dos cursos pares (2º ESO, 4º ESO e 2º de Bacharelato) e só se aceptarán doazóns de libros deses cursos.

As familias que teñan prestados libros dos cursos impartes (1º ESO, 3º ESO, 1º Bacharelato) non teñen que entregar os libros, poden quedar con eles. Tampouco se aceptarán doazóns de libros destes cursos.

Polo tanto, anunciámosvos que a finais deste mes levaremos a cabo a recollida de libros nas seguintes datas e horas:

Días

Horas

Lugar

Luns, día 27 de xuño

16:30 a 19:00 horas

 

Local da anpa

Martes, día 28 de xuño

10:30 a 13 horas

16:30 a 19:00 horas

Mércores, día 29 de xuño

16:30 a 19:00 horas

Como este ano non hai convocatoria de exames de setembro, en setembro non se recollerán libros, só se recollerán libros agora en xuño.

Petición de libros de texto para o próximo curso (2022-23)

Como xa indicamos, só se poden solicitar libros en préstamos para os cursos pares (2º ESO, 4º ESO e 2º de Bacharelato).

Para solicitar libros para estes cursos débese cubrir o correspondente formulario de petición. Este documento podedes baixalo da final desta mensaxe. Debedes baixar o documento correspondente ó curso da vosa filla ou fillo, e debes cubrilo de tal forma que queden claros os datos e os libros que solicita. Este documento deberedes envialo escaneado ou fotografado a anpa.xelmirez2@gmail.com.

O prazo para facer petición de libros será ata o 15 de xullo. As familias que tamén solicitan libros do fondo solidario da Xunta deben marcar todos os libros que lles interesen, aínda que non saiban se llos van prestar ou non no centro. Despois xa nós consultamos a listaxe de libros que lles foron adxudicados para non darlles libros repetidos.

Tamén queremos lembrar que, para participar no banco de libros, é necesario que sexades socias da anpa no próximo curso 2022-2023. A comezos de xullo poñeremos na web o documento e as instrucións para facerse socia e teredes de prazo ata finais de agosto para realizar o trámite.

Entrega que libros ás familias (setembro)

A comezos de setembro (probablemente os días 5, 6 e 7) entregaranse ás familias os libros que se concederon en préstamo.

Anunciaremos coa suficiente antelación os días e horas concretas en que se fará a entrega.

 

 

AdxuntoTamaño
Alumnado que cursará 2º ESO.pdf73.33 KB
Alumnado que cursará 4º ESO.pdf70.92 KB
Alumnado que cursará 2º BAC.pdf73.2 KB


page | by Dr. Radut