Devolución de chave das taquillas. Xuño 2022
Rogamos que aquel alumnado que é usuario de taquilla, chegada a fin do curso, proceda do seguinte modo:
- Se abandona o instituto este ano ou non vai solicitar o servizo de taquilla para o ano 2022-2023, pedímoslle que devolva a chave da taquilla. Para iso debería metela nun sobre (pode solicitar un na conserxaría), poñer por fóra o seu nome e o número de taquilla, e depositar o sobre no buzón da anpa (enfronte da conserxaría).
- Se desexa solicitar taquilla novamente para o 2022-2023, é preferible que quede coa chave para poder usala xa desde comezos do próximo curso. A finais de setembro empezaremos cun proceso de cambios de taquillas para quen a teña lonxe da súa nova clase.
A comezos de xullo poñeremos na web o documento e as instrucións para pagar a cota de socia e solicitar taquilla para o 2022-2023.