Skip to Content

Validacións Música e Danza / ESO e Bacharelato

SOLICITUDE DE VALIDACIÓN ENTRE AS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE MÚSICA E DANZA E AS MATERIAS DE ESO E BACHARELATO PARA O VINDEIRO CURSO 2021/2022.

Segundo a Orde do 7 de xullo de 2010 pola que se establecen medidas de ordenación académica para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral:

“O interesado en solicitar a validación dunha materia da ESO ou BACHARELATO, no caso de menores de idade, a través dos/as pais/nais ou titores/as legais do alumno/a, deberá presentar, durante o mes de SETEMBRO, dita solicitude xunto coa certificación expedida polo correspondente conservatorio de música ou centro autorizado, en que se acredite a superación da materia susceptible de ser validada.”



page | by Dr. Radut