Convocatoria Premio de ensaio subversivo Guillermo Domínguez 2021

IX PREMIO DE PREMIO DE PREMIO DE PREMIO DE PREMIO DE ENSAIO SUBERSIVO GUILLERMO DOMINGUE

BASES

1. Participación

Este concurso ábrese á participación de estudantes ensino secundario toda a comunidade autónoma galega matriculados nos niveis do BACHARELATO, non podendo presentarse quen obtivera algún premio en edicións anteriores do certame.

2. Temática

O tema será libre e único, pero preferiranse os traballos de imaxinación crítica, na liña da esencia do premio, aos de carácter erudito ou estritamente científico. Deben ser totalmente orixinais e inéditos, e a evidencia dun plaxio, total ou parcial, suporá descualificación do concursante.e a evidencia dun plaxio, total ou parcial, suporá descualificación do concursante. e a evidencia dun plaxio, total ou parcial, suporá descualificación do concursante.e a evidencia dun plaxio, total ou parcial, suporá descualificación do concursante.

3.Formato

Cada participante presentará un único traballo, en lingua galega, cunha extensión non inferior a catro páxinas Din -A4 e non superior a doce páxinas Din A4, e segundo as seguintes directrices: letra Times New Roman ou Arial, tamaño 12, espazo de entreliñado 1’ 5.

4.Prazo de admisión

O prazo de admisión dos traballos comezará o 1 de Marzo de 2021 e estará aberto até o 30 de Xuño dese ano.

5.Presentación dos traballos

A través de correo postal, presentaranse nun sobre pechado no que se fará constar o título do texto e o pseudónimo elixido polo concursante:

   · Un exemplar en papel, impreso por unha soa cara,

   · Unha copia do traballo en en soporte dixital (CD -ROM, ROM, pendrive ou similares) en formato PDF.

   · Un sobre pequeno rotulado no exterior co pseudónimo e o título do ensaio e, no interior, faranse constar os datos persoais que identifiquen ao autor e forma de contacto (correo electrónico ou teléfono), indicando tamén o centro educativo ao que pertence.

En ningún caso, estes documentos terán datos que poidan permitir recoñecer ao seu autor, posto que se quere garantir o anonimato.

Remitirase todo a IES Arcebispo Xelmírez I indicando no sobre “VI Premio Ensaio Subversivo "Guillermo Domínguez”, Rúa Poza de Bar s/n C.P. 15705 -Santiago de Compostela.

Para aclarar calquera dúbida poderase consultar en momento por correo electrónico ao enderezo guillermopremio@gmail.com .

6. Xurado

Estará formado por filósof@s, intelectuais e pensador@s, até un máximo de cinco persoas, nomeados polas entidades convocantes, e poderá declarar os premios desertos ou facer nomeamentos específicos se a calidade dos traballos así o esixir. A resolución farase pública o 30 de Setembro de 2021 e será inapelábel.

7. Premios

Fallaranse e motivaranse:

-Primeiro Premio: dotado con 500 euros, dos que se farán as deducións correspondentes ao IRPF se fose preceptivo.

-Segundo Premio: dotado con 200 euros, dos que se farán as deducións correspondentes ao IRPF, se fose preceptivo.

A data de entrega do premio comunicarase ao alumnado gañador polos medios que se indiquen no sobre de plica. Cómpre recoller o premio persoalmente no acto entrega, agás falta xustificada documentalmente.

Así mesmo, os ensaios gañadores publicaranse, previa autorización dos autores, na páxina web do instituto e nunha edición especial en formato papel.

A concorrencia ao certame presupón a aceptación destas bases.