Skip to Content

FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO 23/24

Prazo presentación solicitudes: 20/05/2023 - 21/06/2023 

As listaxes provisionais publicaranse o 12 de xullo de 2023 como data límite. As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.

Toda a información publicarase única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.  (Consultar na Secretaría do centro)

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

 https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

 

As listaxes definitivas publicaranse o 26 de xullo de 2023 como data límite.

Calendario fin de curso 2º Bacharelato. Curso 2022/23. Convocatoria ordinaria. Reclamacións

16 de maio 2023: Xunta avaliación ordinaria e publicación das cualificacións a partir das 16:00.

18 e 19 de maio (ata as 14:00 horas): Revisión e reclamación cualificacións/decisión titulación convocatoria ordinaria

Reclamacións das cualificacións:

Instrución 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2022/23.

22 de maio (ata as 14:00 horas): Xefatura de estudos comunica por escrito a decisión razoada do departamento didáctico de ratificación ou modificación da cualificación revisada e información por escrito á persoa titora.

23 e 24 de maio (ata as 14:00 horas): Reclamación ante Xefatura Territorial.

EXAMES SETEMBRO 2021

Datas e horas: enlace

 

COMEZO DO CURSO 2016/17

O xoves 15 de setembro, ás dez da mañá, será a presentación do curso escolar 2016/17. Xa funcionará o transporte escolar. A presentación rematará  ás 12:30. 

Admisión 2016/17

Relación definitiva alumnos  admitidos

 1º ESO

Distribuir contido


by Dr. Radut