Este curso foi creado para o alumnado de 2º de Bacharelato que ten pendente Lingua galega e Literatura de 1º de Bacharelato.

O alumnado que teña pendente a materia de LINGUA GALEGA recibirá os reforzos correspondentes e as maiores facilidades para recuperar esta materia, como son as seguintes:

1.RECUPERACIÓN POR TRIMESTRES.  Ofreceráselle este curso na Aula Virtual onde teredes instrucións e accederedes a materiais, actividades de repaso e cuestionarios. En cada trimestre comprobaranse as actividades realizadas polo alumno ou alumna, e faráselle unha proba escrita. A nota que obteña o/a alumno/a consignarase no boletín de notas trimestral e así poderá ir aprobando a asignatura por trimestres.

2. RECUPERACIÓN GLOBAL. Ademais, o/a alumno/a terá a posibilidade de recuperar a materia facendo as probas de recuperación extraordinarias previstas polo centro, unha en xaneiro e, no caso de non superala, terá outra oportunidade en abril. Estas probas versarán sobre a totalidade da materia. O alumnado terá que realizar actividades de repaso previamente, sobre os contidos que aparecerán na proba, cousa que lle axudará a preparala. Estas actividades contarán o 50% da nota, e a proba outro 50%.

3. RECUPERACIÓN AUTOMÁTICA APROBANDO O NIVEL SUPERIOR. Sendo unha materia de contidos progresivos parécenos lóxico que no momento que o estudante aprobe a materia dun nivel superior aprobe automaticamente a pendente do nivel inferior.

O seguimento e avaliación deste alumnado será realizado polo profesorado que lle imparte clase de LGL no actual ano académico, tanto para proporcionar unha axuda, un seguimento e un control máis detallados como para ampliar estas medidas se nalgún caso particular fose necesario (por exemplo adaptando  os instrumentos de avaliación, os tempos de execución, etc.)