A competencia xeral do título de técnico en Aproveitamento e Conservación do Medio Natural consiste en realizar as operacións de repoboación forestal, de res- tauración ou ordenación hidrolóxico-forestal e de aproveitamento forestal, así como o control e a vixilancia do medio natural, manexando e mantendo a maquinaria e as instalacións forestais, con aplicación da normativa ambiental e de prevención de riscos laborais.

O módulo profesional de Empresa e iniciativa emprendedora (53 horas) desenvolve como contidos básicos: A Iniciativa emprendedora, a empresa e o seu contorno, a creación e posta en marcha dunha empresa e a función administrativa .