Equipo directivo

Carta de recoñecemento á nosa Comunidade Educativa

 

 Recoñ ecemento á Comunidade Educativa do IES Antón Alonso Ríos

 

Neste difícil curso que remata queremos recoñecer o labor de todos e cada un dos membros da comunidade educativa que conforma o IES Antón Alonso Ríos de Tomiño. 

Este 2020-2021 presentouse cheo de cambios, inquedanzas, protocolos que afectaban a toda a comunidade e que deron lugar a un curso moi complexo, pero que coa colaboración, o esforzo e a responsabilidade de todos e todas fomos quen de rematar con éxito e co sentimento renovado do orgullo de formar parte desta comunidade. 

Grazas ao persoal de servizos (limpeza) porque viron multiplicado o seu traballo sen un aumento da axuda, pero nunca deixaron de esforzarse para chegar a todas partes sen perder a amabilidade que as caracteriza. 

Grazas ás subalternas (conserxes) que viviron cambios e partiron de cero en moitas ocasións, pero foron quen de se adaptar rapidamente e facernos sentir que este centro é tan delas como noso. 

Grazas ás administrativas (secretaría) por ser un piar fundamental para o bo funcionamento do centro e por chegar a tantas pequenas cousas. Sen elas estariamos perdidos. 

Grazas ao Concello de Tomiño por sempre manter as portas abertas e por estar disposto a escoitar e a botar unha man, tan importante e necesaria, que se fai imprescindible. 

Grazas á ANPA Solleiro pola súa forza, polas múltiples axudas, pola implicación na vida do centro, por facernos sentir acompañados, porque podemos dicir, con orgullo, que sempre puidemos contar coa nosa ANPA. 

Grazas ás familias por facilitar, entender, apoiar, por seguir a manter o mesmo contacto desde máis distancia, por ser o espello no que se reflicte o benestar dos rapaces e rapazas, por demostrar que xuntos somos máis fortes. 

Grazas ao profesorado, compañeiras e compañeiros, pola capacidade de adaptación, pola complicidade, polo traballo acrecentado, por non esquecer nunca que o alumnado é a prioridade e o fundamento da nosa profesión. 

Grazas ao alumnado, queridos rapaces e rapazas, porque en medio do hidroxel, do desinfectante, dos rolos de papel, da distancia de seguridade, das merendas por debaixo da máscara, das ventás abertas, das mantas sobre as pernas,… non houbo queixas, nin cansazo, nin desánimo, só ollos de todas as cores que sorrían enmarcados pola máscara. 

E que ollos tan bonitos tedes! 

 

 

Dirección do IES Antón Alonso Ríos. 

 

 

ORIENTACIÓNS E CALENDARIO DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE 2º DE BACHARELATO

Nas seguintes ligazóns atoparedes o calendario e o horario das probas extraordinarias de 2º de Bacharelato, así como as probas das materias pendentes de 1º de Bacharelato, que se desenvolverán entre o día 16 eo 22 de xuño. No calendario indícase o día, a hora e a aula onde se realizarán as probas. Ademais, nos enlaces dos departamentos tedes orientacións de cada materia sobre a avaliación da convocatoria extraordinaria.

CALENDARIO

DEPARTAMENTOS

BIOLOXÍA E

XEOLOXÍA

DEBUXO FILOSOFÍA

FÍSICA E

QUÍMICA

GALEGO
INGLÉS MATEMÁTICAS TECNOLOXÍA LINGUA CASTELÁ

XEOGRAFÍA E

HISTORIA

Charlas universidade e ciclos

Nesta semana, un grupo de exalumnas e exalumnos do noso IES reuniuse (presencialmente e online) co noso alumnado actual de 2º de Bac para falar da súa experiencia universitaria, do amor polos seus estudios, das dúbidas iniciais, de como superar os obstáculos... dando unha visión real e actual do Sistema universitario dende un punto de vista fundamental: os alumnos e alumnas das Universidades e da Formación Profesional. O noso alumnado, que está a piques de iniciar tamén este camiño, sacou moitas aprendizaxes destes encontros. O noso máis sinceiro agradecemento a todos eles, por reencontrarse con nós. Sempre son e serán parte importante da nosa comunidade educativa.

GRAZAS!!

 

EQUIPO DIRECTIVO 2020/2021

EQUIPO DIRECTIVO 2020/2021

DIRECTORA:CRUZ GARRIDO DAVILA

XEFE DE ESTUDOS: HÉCTOR LAGO

SECRETARIA: ROCÍO VEIGA VILLAR

VICEDIRECTOR: JOSÉ LUIS LECHUGA IGLESIAS

Distribuir contido