Skip to Content

Lingua Galega

Primeira certificación de lingua estranxeira no IES Antón Alonso Ríos

O pasado venres, 2 de xullo, vinte alumnos e alumnas do IES Antón Alonso Ríos, pertencentes a todos os niveis de ensino desde 2º ESO a 2º de Bacharelato, participaron no primeiro exame oficial de certificación de lingua estranxeira realizado no noso centro. O exame de certificación escolar Camões Júnior, que permite certificar ata o nivel B1 de lingua portuguesa. Trátase dun título oficial organizado polo Instituto Camões, representado pola profesora Isabel Gonçalves.

A resposta positiva por parte do alumnado e das famílias superou todas as expectativas, o que permitirá impulsar novas iniciativas no próximo curso, como a creación dun grupo de CUALE para o nivel B1 de Portugués, sendo tamén a primeira oportunidade en que o noso centro solicita este programa.

As notas do exame Camões Júnior serán coñecidas en breve e desde o IES Antón Alonso Ríos expresamos a nosa confianza en que os resultados sexan satisfactorios. Esa é tamén a expectativa do profesor Filipe Diez, que imparte a materia de Portugués no noso instituto, quen afirma que os alumnos e alumnas participantes se sentían confiantes após a proba: xa coñecían o formato, dado que o practicaron previamente na mesma plataforma, o que axudou a que se sentisencómodos. A parte na que tiñan que facer gravacións de voz, pola falta de costume, foi a que máis lles custou, mais confío moito neles e nelas”. Tamén agradeceu o traballo da profesora Ledicia Seoane, cuxo apoio na parte tecnolóxica “foi fundamental, cunha dispoñibilidade e eficiencia absolutas” e salientou que no próximo ano escolar espera poder voltar a organizar as viaxes escolares e os intercambios pendentes, dúas das actividades das cales o alumnado da materia ten sentido máis falta durante a pandemia.

21 DÍAS CO GALEGO

O noso centro participa na presente edición.

O luns 14 de xaneiro arrancan os 21

Días co Galego e máis

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut