Skip to Content

Programas educativos

Febreiro mes das emocións: 3ª edición

III MES DAS EMOCIÓNS

Celebramos por terceiro ano consecutivo, o MES DAS EMOCIÓNS. Un ano máis, teremos unha grande oferta de actividades para toda a comunidade educativa que lle axude nunha mellor xestión das súas emocións. Nesta edición poñemos o foco no corpo, para localizar os nosos sentimentos e aprender a identificalos. Haberá charlas, obradoiros, concursos e múltiples actividades lúdicas tamén nos recreos. Dende as materias, titorías e Equipos traballaremos o mundo das emocións dende distintas perspectivas e, por suposto, contaremos coa colaboración de profesionais no tema.
Por iso, nesta terceira edición do mes das emocións queremos seguir traballando a educación emocional, tan fundamental para o desenvolvemento do noso alumnado na sociedade actual.


Emocións: 2ª edición

FEBREIRO: MES DAS EMOCIÓNS (2ª EDICIÓN) 

 

 

Chega febreiro e con el a Candeloria: a Festa do lume e popularmente o casamento dos paxariños. “A partir da candeloria, ningunha ave voa soa” e por iso durante este mes, queremos acompañar o noso alumnado nunha viaxe emocionante.
Isto significa para nós recuperar a iniciativa que estreamos o ano pasado: FEBREIRO, MES DAS EMOCIÓNS. Nesta segunda edición queremos novamente poñer en valor a importancia da educación emocional na nosa comunidade educativa.
Trataremos de animar o noso alumnado a identificar, entender, reflexionar e pensar no seu propio universo emocional e no dos demais.
Farémolo da man das letras, ciencias e artes, e a través das titorías, charlas con especialistas no tema, concursos poéticos e moito máis!

Emocións

ACTUALIZANDO:

ESTAMOS A PREPARAR AS ACTIVIDADES PARA A NOSA SEGUNDA ENTREGA  DO MES DAS EMOCIÓNS. 

 

FEBREIRO: MES DAS EMOCIÓNS

Dende o noso centro consideramos que a educación emocional é unha das materias pendentes do sistema educativo. É por iso que ao longo deste mes, dun xeito especial, queremos colaborar na mellora das competencias emocionais do noso alumnado a través de diferentes actividades. Estas irán dende a creación dun emocionario, pasando pola elaboración dun mapa das emocións do Concello de Tomiño. Afondaremos en temas tan importantes como a ansiedade e a saúde mental, así como tamén queremos darlle unha volta á idea do “amor romántico”. Isto é só unha mostra do que nos espera este mes grazas á colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Equipo de Mediación e Titorías, así como tamén do Departamento de Filosofía, do Equipo de Biblioteca e da Radio Mocidade e, por enriba de todo, do noso alumnado. A emocionarse!

 

Programas educativos no IES

 

                   

 

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa xestiona recursos do Ministerio de Educación e Formación Profesional transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia, para realizar as operacións de Contratos-Programa  e Iniciativa ARCO dentro do “Programa de orientación e reforzo para o avance e apoio na educación” que é cofinanciada polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación.

 

A iniciativa Contratos-Programa é un instrumento de apoio para desenvolver un plan de mellora que, en función das necesidades detectadas e do proxecto educativo, poida potenciar o desenvolvemento das competencias clave, mellorar a convivencia, reducir a taxa de abandono, promover a igualdade de xénero e inclusión, mellorar a competencia socioemocional, afondar no logro da excelencia educativa, promover a actividade física, así como proporcionar atención educativa para a compensación de desigualdades na educación.

Dentro da iniciativa Contratos-Programa o centro conta coas seguintes modalidades:

No curso 2019-2020

o   Modalidade REFÓRZA-T

o   Modalidade PRELIM

o   Modalidade MELLORA DO NIVEL DE COÑECEMENTOS PARA ACADAR A EXCELENCIA ACADÉMICA

No curso 2020-2021

o   Modalidade CON-VIVE

o   Modalidade INCLÚE-T

o   Modalidade EDUEMOCIONA

o   Modalidade MELLORA DO NIVEL DE COÑECEMENTOS PARA ACADAR A EXCELENCIA ACADÉMICA

 

 

A Iniciativa ARCO pretende avanzar na consecución dunha escola de calidade e inclusiva que responda as necesidades do alumnado, traballando polo fomento do éxito escolar e a prevención do absentismo e abandono co obxecto de favorecer a participación  do alumnado no grupo-clase e a consecución do seu máximo desenvolvemento emocional, intelectual, social e profesional.

Dentro da Iniciativa ARCO o centro conta coas seguintes liñas de actuación:

·       LÍNEA 2, dirigida a alumnado de 1º ESO.

·       LÍNEA 3, dirigida a alumnado de 4º ESO.

 


Na seguinte ligazón podes acceder á páxina de Programas educativos da Xunta de Galicia financiado polo Fondo Social Europeo

PROGRAMAS EDUCATIVOS

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut