Skip to Content

Educación física

Edusaúde: Superheroes e superheroinas

 

 

No presente curso, a xefa do departamento de Educación Física está a levar a cabo un novo proxecto:

“Os superheroes e superheroínas do Antón Alonso Ríos”, enmarcado dentro dos Contratos Programa e concretamente no EDUsaúde.

Vai dirixido ao alumnado de 1º e 4º ES e 1º de bacharelato. Aínda que neste municipio, Tomiño, a xuventude sempre tivo unha excelente resposta as propostas deportivas, dende que comezou a pandemia mundial, moita xente descubriu os superpoderes do exercicio físico. Os seus beneficios fisiolóxicos e psicolóxicos, así coma a súa compoñente socializadora.

Así pois, a finalidade deste proxecto é colaborar en que o Centro sexa un dinamizador máis de hábitos de vida saudables, contribuíndo a unha mellor calidade de vida do noso alumnado. A idea é relacionar un superhéroe ou superheroína cunha capacidade física. Por exemplo, “Flash” é un personaxe coñecido por mozos e adultos pola súa velocidade, ou “Hulk” pola súa forza.

Tendo en conta as 4 capacidades físicas que compoñen a condición física de cada persoa: Forza, Resistencia, Velocidade e Flexibilidade, é interesante atribuír estas capacidades ao noso alumnado. Deste xeito plantexamos visibilizar a aqueles alumnos e alumnas que van conseguido ganar retos, superarse ou destacar. As tarefas serán propostas por unha dobre vía: 

-Nas propias clases de Educación Física, na que se traballan periodicamente este tipo de contidos.

-A través de retos que se propoñen nas redes, por calquera das canles: aula virtual, páxina web do centro, etc.. Xa están publicados no devandito taboleiro os protagonistas deste outono: o alumnado recén chegado: 1º ESO.

Nutricion e deporte +indicacións para o traballo (BACHARELATO)

Na seguinte ligazón tedes os apuntes (co traballo) de Nutrición de 1º Bacharelato.

TEORÍA NUTRICIÓN 2019 1º BAC

 

 

Primeiros auxilios

Os alumnos e alumnas de varios niveis do noso IES realizan prácticas na materia de Educación Física sobre primeiros auxilios.Aquí os podedes ver en acción.

Apuntes de ximnasia acrobática

Nesta ligazón tedes os apuntes de Ximnasia Acrobática correspondentes ao curso 2017/18

XIMNASIA ACROBÁTICA

Semana branca 2017

Nesta vídeo-montaxe podes ver as mellores imaxes da actividade "Semana branca" deste curso.



1ºESO. Instruccións para o traballo de atletismo

Neste enlace tedes as instrución para realizar o traballo de Atletismo

ATLETISMO

Patinaxe 2016

Patinaxe 2015

Ximnasia Acrobática: Superheroes e viláns

Os alumnos de Bacharelato do IES de Tomiño crean representan o exercicio de ximnasia acrobática que leva por nome "Superheroes e viláns". Disfrutádeo!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut