Skip to Content

Novas

Dillo cun Libro. Biblioteca IES AAR

Lazadas lectoras

Voluntariado na biblioteca

Na seguinte ligazón podes acceder ao boletín de preinscrición para o voluntariado da nosa Biblioteca. Anímate, contamos coa tua colaboración!!

 

PREINSCRICIÓN VOLUNTARIADO BIBLIOTECA

PREINSCRICIÓN CLUB DE LECTURA


Bo día

Na seguinte ligazón tedes a información e o formulario para a preinscrición no Club de Lectura, tanto de adultos como do alumnado, que como sabedes comeza a súa andaina neste curso 2020-2021.

https://opapasol.blogspot.com/2020/11/preinscricion-club-de-lectura-20202021.html

https://forms.gle/wm5eogBpaJS24Ufa7   (Ligazón directa ao fromulario)


Animádevos a participar e tamén a orientar ao alumnado interesado 
Grazas

 

 

Remate dos clubes de lectura

Coa fin de curso, clausuráronse os nosos dous clubs de lectura da ESO. Este ano consolidáronse dous grupos: o de 1º e 2º ESO e o de 3º e 4º ESO. 
Gustamos de facer as xuntanzas o mesmo día, todos xuntos, porque aprendemos lendo, falando, escoitando, debatendo... 
Desexámovos boas e refrescantes lecturas neste verán 2019! 

Que pasa na biblio...?

NARF no IES

Fran Pérez, de nome artístico NARF é un compositor e  intérprete  santiagués  que reparte a súa actividade entre o mundo da canción, a composición por encargo e o teatro.

Visitaranos o vindeiro 23 de Abril, para falar con nós e ofrecernos un pouco da súa música. Aquí tedes unha mostra da súa obra musical.

  

Premiados nos concursos da Biblioteca

Estes días fallouse o Premio do Biblioconcurso que a Biblioteca organiza con motivo do Día do Libro (23 de abril) e tamén o Concurso de Fotografía. A seguir anunciamos os/as  gañadores/as :

 

Gañaron o Biblioconcurso:

 

categoría A: Marta Alén Jorge, 2ºD

categoría B: Sara Vidal Maneiro, 4º D

categoría C: Alicia Martínez Fernández, 2º bac A

categoría D: Xosé Lois Refoxos, profesor de Lingua

 

Gañaron o Concurso LeFoto

categoría A: Fabiana Villarroel Rodríguez, 1ºESO-A

categoría B: Fátima Martínez Pereira, 2ºbac-A

categoría C: Carmen Villanueva, profesora de Física

 

A entrega de Premios será o sábado 4 de xuño, durante a Xornada de Portas Abertas. Proximamente anunciarase a que hora exactamente; no caso de non poderen vir recoller o Premio ese día, póñanse en contacto coa coordinadora da Biblioteca, Puri Ameixide.

 

gañadora_categoría_B

 

(fotografía gañadora na categoría B)

Distribuir contido


by Dr. Radut