Secretaría

Comezo curso 2023-24

Presentación: luns 11 de setembro.

Ás 8.45 horas o alumnado deberá estar no Centro.

A primeira hora faranse as presentacións polo que o alumnado debe dirixirse os espazos seguintes:

1º ESO: Sala de Usos Múltiples (SUM). O alumnado virá acompañado da familia, se queren.

2º, 3º, 4º ESO: porta principal.

1º, 2º Bacharelato e FP: pista de deportes.

A partir da 2ª hora clase normal.

Funcionará o transporte escolar e haberá horario normal

 

Libros de texto para o curso 2023-2024

Libros de texto para o curso 2023-2024 <PDF>

Calendario de exames extraordinarios curso 2022-23

Calendario de exames extraordinarios curso 2022-23 <PDF>

Fondo solidario de libros de texto para o curso 2023-24

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/24.

Aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 21 de xuño.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 

26 de xullo. Pódense consultar as listaxes de admitidos e excluídos no taboleiro de anuncios do Centro

 

Folga de transporte os días 27 e 28 de abril.

No DOG de hoxe publícase a Orde do 21 de abril de 2023 pola que se establecen os servizos mínimos durante a folga que terá lugar os días 27 e 28 de abril de 2023.  A indicada convocatoria afecta o ámbito territorial das concesións do servizo público de transporte de viaxeiros por estrada na Comunidade Autónoma de Galicia. Dita convocatoria pode afectar o transporte escolar nos centros educativos.


No DOG indícase:
"Coa finalidade de ponderar a garantía do dereito esencial á folga dos traballadores e traballadoras, xunto coa garantía do igualmente elemental dereito de acceso ao sistema educativo, deberán manterse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde as 7.30 ata as 10.30 horas, e os de saída desde as 13.30 ata as 19.00 horas, nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio cuxa lonxitude total sexa superior a 4 quilómetros".

Admisión alumnado curso 2023-2024

Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo para solicitar unha praza para o vindeiro curso académico, nun centro distinto ao que está matriculado o/a alumno/a (Orde do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro) .
As solicitudes poderán cumprimentarse na aplicación admisionalumnado ou descargarse e cumprimentarse de forma manual polas familias (ED550B).
Só se pode presentar unha solicitude única e terá carácter vinculante. Cada solicitude poderá conter unha relación de ata seis centros, por orde de preferencia.
O alumnado matriculado neste centro que queira continuar nel os seus estudos non ten que facer ningún trámite ata o prazo de matrícula (do 23 de xuño ao 7 de xullo).
Máis información no taboleiro de secretaría ou chamando ao teléfono 881 866 729.

Admision 2023-24 <PDF>

Vacantes 2023-24 <PDF>

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2022/23

Pódense consultar as listaxes provisionais de admitidos/excluídos no taboleiro do Centro.

Pódense consultar as listaxes definitivas de admitidos/excluídos no taboleiro do Centro.

Libros de texto para o curso 2022-23

Libros de texto para o curso 2022-23 <PDF>

NOTA: Como norma xeral recoméndase agardar a setembro e non mercar os libros antes de falar co/ca profesor/a.

Eleccións ao Consello Escolar

A Resolución do 20 de setembro de 2021 (DOG.29/09/2021), establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Anúnciase a celebración do sorteo público dos membros da Xunta Electoral que terá lugar o vindeiro xoves día 28 de outubro ás 12:35 horas na secretaría do centro. A Xunta electoral será a encargada da organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar.

Resolución do 20 de setembro de 2021 (DOG.29/09/2021) <PDF>

Distribuir contido