Ciencias Sociais
Información do departamento
Enviado por isabel.cobas o Xov, 16/03/2023 - 13:08Profesorado | Materia | Cargo | LOMLOE |
Sonia Barreiro |
Xeografía e Historia, 3º ESO Xeografía e Historia, 4º ESO Historia da Arte, 2º Bac |
|
|
Sabela Cobas Titoría venres 12:50-13:40 |
Xeografía e Historia, 1º ESO Xeografía e Historia, 3º ESO Xeografía e Historia, 4º ESO |
Xefatura de departamento
Equipo de biblioteca |
|
Mª José Costa |
Xeografía e Historia, 2º ESO Historia Mundo Contemporáneo, 1º Bac Historia de España, 2º Bac |
|
|
Miguel Fernández |
Ámbito sociolingüístico, 3º ESO Xeografía e Historia, 4º ESO E Ámbito sociolingüístico, FP Básica 1 |
||
Santiago Fernández |
Xeografía e Historia, 1º ESO Xeografía e Historia, 2º ESO |
||
Loli Suárez | Historia de España, 2º Bac |
Vicedirección Coordinadora de biblioteca |
|
Isabel Pereira |
Xeografía e Historia, 1º ESO |
||
Elisa Pedreira |
Xeografía e Historia, 1º ESO |
Patrimonio no faiado 2024
Enviado por isabel.cobas o Mér, 21/02/2024 - 15:53Os alumnos e alumnas de 1º ESO e 4º ESO investigar sobre obxectos que teñen un valor sentimental para a súa familia e documentaron un valioso patrimonio histórico. Nalgúns casos os alumnos e alumnas aumentaron a súa comprensión sobre obxectos que xa coñecían e noutros descubriron por primeira vez a orixe e o valor de elementos que ignoraban que existían ou que levan vendo a diario sen percatarse do moito que dicían sobre a historia da familia e como se integraban na historia global.
Esta actividade foi realizado ao abeiro do programa Educación patrimonial, do Plan Proxecta, e tamén do PFPP Redes de cooperación para a memoria democrática e os dereitos humanos. O traballo tamén se realizou no marco do programa Polos creativos.
Deixámosvos unha mostra do patrimonio recuperado e invitámosvos a visitar o Museo virtual KaleidoScapes para coñecer o resto da investigación. Moitos parabéns polo traballo!
Premio no VI Certame de imaxes do patrimonio
Enviado por isabel.cobas o Xov, 21/09/2023 - 14:27Os alumnos e alumnas de 4º de ESO da materia de Xeografía e Historia participaron durante o curso pasado no VI Certame de Imaxes do Patrimonio organizado pola asociación Ponte...nas ondas!. Este certame premia fotografías representativas do patrimonio material e inmaterial enviados por alumnos e alumnas de centros educativos de Galicia e Portugal. Aquí podedes ver todas as fotos premiadas nesta edición, e aquí todas as participantes, entre as que se atopan as enviadas desde o IESP de Ames.
A fotografía premiada enviada por Antón titúlase O meu tataravó, e a seguir podedes vela e ler a historia de José Ábalo, que aparece no retrato, narrada polo seu tataraneto Antón Abalo. Moitos parabéns, Antón, polo traballo e o premio e tamén ao todo o resto de alumnos e alumnos do centro que participaron no certame!!
O meu tataravó chamábase José Abalo Paulos e naceu en 1883 na parroquia de Cea, en Vilagarcía, onde creceu indo a escola e alimentando a súa intelixencia, curiosidade e paixón pola literatura.
Traballou como aprendiz dun mestre construtor alemán, adicando a súa vida profesional á construción. Entre outras obras nas que traballou destaca o edificio do Gran Hotel da Illa da Toxa e a singular ermida do Carme existente nesa illa , “A capela das cunchas”. Nesta última traballou colocando as cunchas de vieira que se utilizaban para recubrir e impermeabilizar as fachadas.
Compaxinaba a vida laboral coa súa paixón pola poesía, que escribía no tempo libre.
En Vilagarcía coñeceu á miña tataravoa, serventa interna nunha casa rica, coa que casaría en 1919, trasladándose ambos a Cabo de Cruz (Boiro), de onde ela era orixinaria, e onde establecerían a súa familia con dez fillos.
Todo mudou cando, traballando, sufriu un accidente que o danou na cabeza e o imposibilitou para traballar. Aínda así, para manter a súa familia mercou unha gamela e comezou a pescar como unha afección coa que sacar uns cartos.
Tamén continuou aprendendo e informándose (estivo subscrito ao Faro de Vigo, que lle chegaba semanalmente no vapor). Así, comezou a falar de ideas innovadoras para a súa época e contorno, como a posibilidade de “fabricar un aparato para escoitar e ver a xente que estivera en Madrid”. Morreu con 80 anos en Cabo de Cruz.
O día 17 de novembro levouse a cabo a cerimonia de entrega de premios no Salón Marie Curie do edificio politécnico da Universidade de Ourense. Jairo Barreiro Brea, alumno de 1º de bacharelato, recolleu o premio en nome de Antón Abalo Santamaría e leu a historia da fotografía para o auditorio. Jairo estivo acompañado de 18 compañeiros e compañeiras de 1º de bacharelato que tamén participaron no certame.
Victorian high tea
Enviado por isabel.cobas o Mar, 20/06/2023 - 21:38As alumnas de 3º de ESO da materia de Xeografía e Historia realizaron un high tea para recrear a tradición de tomar o té tan característica do Reino Unido aínda na actualidade e que ten as súas orixes na era victoriana e a Revolución Industrial.
Esta actividade realizouse ao abeiro do programa Educación patrimonial, do Plan Proxecta, promovido pola Dirección Xeral de Patrimonio e a Consellería de Cultura, Educación e Universidades, respectivamente.
O grupo investigou sobre vestimenta, peiteados, accesorios, comida e bebida, preparación da mesa, música e danza e coa información obtida, que recollemos máis abaixo, preparou a festa.
A mesa estaba decorada con manteis estampados de coloridas flores, cunha vaixela de té, cubertería, servilletas, fontes e bandexas de dous pisos.
A mesa tamén estaba decorada cun centro de flores, xa que estas tiveron unha especial importancia durante a época victoriana para enviar mensaxes codificadas que servían para expresar sentimientos, pois facelo a través de palabras non se consideraba de boa educación.
Con respecto á comida, degustamos pratos salgados, como sándwiches de pepino e de xamón e queixo, froitos secos, pan con manteiga, así como pratos doces, tales como biscoito, scones con marmelada de framboesa, cupcakes, brownies, pastas de lavanda, galletas e chocolate.
Para beber, non podía faltar o té, acompañado ou non de leite e terróns de azucre; pero tamén houbo bebidas frías como zumes de diferentes froitas e auga.
E despois do té non podía faltar a música e o baile. Chopin, Jean Sibelius, Émile Waldteufel, Johann Strauss II, Piotr Ilich Chaikovski, amenizaron o convivio e houbo tempo para a danza máis famosa, e tamén escandalosa, do momento, o vals.
O vals, como peza de baile, púxose de moda en Viena na década de 1780, estendéndose a outros países nos anos seguintes. É o único baile de salón desta época que se executa en 3/4. Dise que provén das danzas tradicionais de moitas rexións de Alemaña, moitos supoñen que do Tirol en Austria xa nos séculos XII e XIII que se chamaban landler e nos que as parellas bailaban xirando continuamente. Este baile, o landler, como outros bailes de orixe campesiña e folclórica, non foi aceptado pola alta sociedade, pero a finais do século XVIII comezou a ser bailado pola burguesía e a nobreza nos salóns e foi considerado un baile de salón. É o primeiro baile onde a parella entra en contacto e por iso foi vista como inmoral.
Romanos e romanas viaxan ao século XXI
Enviado por isabel.cobas o Mar, 20/06/2023 - 21:37Os alumnos e alumnas de 1º de ESO da materia de Xeografía e Historia realizaron unha investigación sobre a vida cotiá na antiga Roma, caracterizáronse como romanos e romanas e organizaron un convivium, unha celebración recreando a comida, vestimenta, música e ambiente romano.
Esta investigación foi feita ao abeiro do programa Educación patrimonial, dentro do Plan Proxecta. Tamén se empregaron recursos facilitados polo proxecto Polos creativos, ambos da Consellería de Cultura, Educación e Universidades.
A seguir podedes ver algunhs das recreacións realizadas polos alumnos e alumnas. Moi bo traballo!
Pasando a remuda da memoria democrática
Enviado por isabel.cobas o Dom, 18/06/2023 - 09:07Os alumnos e alumnas de 4º ESO A e B da materia de Xeografía e Historia participaron na III Pasando a remuda da memoria democrática. Trátase dunha actividade realizada ao abeiro do proxecto Educación patrimonial do Plan Proxecta, e do PFPP Redes de cooperación para a memoria democrática e os dereitos humanos.
A actividade consiste en que o alumnado recolla testemuñas na súa propia familia sobre as súas experiencias durante a Guerra Civil española, a Ditadura franquista ou a Transición democrática. Para esas recollas de información o alumnado utiliza a metodoloxía de Historia oral e posteriormente analiza a información ofrecida polas testemuñas en relación á información histórica existente. Desta forma, o alumnado contribúe activamente ao coñecemento da historia máis cercana e a encadrala na historia global, toma a remuda da memoria familiar e participa na creación dunha memoria democrática colectiva e a gobernanza deste patrimonio controvertido.
Deixámosvos a seguir algúns exemplos. Se queredes coñecer máis historias podedes facelo no Museo Virtual KaleidoScapes.
Agradecemos o excelente traballo do alumnado e a axuda xenerosa das familias e a súa contribución a conservar entre todos a memoria democrática. Moitas grazas e moitos parabéns!
Reinterpretando o retrato antigo na actualidade
Enviado por isabel.cobas o Dom, 18/06/2023 - 09:05Os alumnos e alumnas de 3º ESO da materia de Xeografía e Historia experimentaron coas técnicas de retrato desde o Renacemento ata o Romanticismo e aplicaron esas técnicas para a creación dos seus propios retratos.
Esta actividade desenvolveuse ao abeiro do proxecto Educación Patrimonial do Plan Proxecta e no marco do Polo creativo do centro.
Segue aumentando o catálogo de flora e fauna do IESP de Ames
Enviado por isabel.cobas o Xov, 01/06/2023 - 13:52Estase achegando o fin de curso e os alumnos e alumnas da materia de Xeografía e Historia que participan no proxecto Patio con(vida) están realizando as últimas actividades de catalogación da edición deste ano. Podedes consultar as especies catalogadas na nosa sección dentro da aplicación I-naturalist.
Como sabedes, este proxecto forma parte do Proxecto Terra, do Plan Proxecta; e establece sinerxias cos PFPP proxectos Cultura da sostibilidade V e Educación en pensamento crítico, e con outros dous proxectos do Plan Proxecta: Educación patrimonial e Proxecto deportivo do centro.
O censo de aves aumentou a 29 neste curso, a Lavandeira real e o Mergullón pequeno son as incorporacións máis recentes, aínda que tamén nos pareceu ver fuxidiamente unha andoriña de cu branco. Podedes consultar o catálogo premendo aquí. As fotos das aves a seguir están extraídas da wikipedia. Polo de agora non dispoñemos de fotos realizadas por nós de calidade abonda realizada, pero esperamos ir conseguíndoas paseniño.
As plantas non quedan atrás. Seguimos identificando novas plantas autóctonas, a máis recente a Aquilea vulgaris, coñecida como paxariños, herba dos pitos, bonete.
Viaxe a Londres
Enviado por isabel.cobas o Mér, 31/05/2023 - 14:45Os alumnos e alumnas de 4º de ESO da materia de Xeografía e Historia realizaron unha viaxe didáctica a Londres entre os días 12 e 17 de maio. Durante esta viaxe, o alumnado visitou os lugares máis emblemáticos da cidade que marcan os cambios e continuidades ao longo da historia.
O grupo visitando a Strand Arcade.
Unha paradiña durante a xornada de visita a Westminster Abbey e o Parlamento.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »