Visita de aprendizaxe a Campo Lameiro

Realizaremos unha visita ao parque arqueolóxico de Arte Rupestre e realizaremos o taller: DESCUBRINDO OS ENIGMAS NAS PEDRAS. Aprenderemos e poremos en práctica as diferentes técnicas utilizadas polos arqueólogos para documentar e rexistrar os petroglifos mediante sistemas de contacto. Ademáis coñeceremos algúns avances técnicos que nos permiten documentar os petroglifos dunha forma máis precisa e menos subxectiva