rubrica de avaliación

rúbrica para avaliar e autoavaliar as exposicións orais dos traballos de investigación realizados
TAREFA: EXPOSICIÓN DUN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN.
Despois da realización do traballo, o alumnado deberá presentar nunha exposición pública o proceso e os resultados do traballo realizado.
A exposición deberá ir acompañada dunha presentación en formato prezi, ppt, impres. Nesa presentación deberán incluirse recursos multimedia variados (imaxe, audio, vídeo, gráficas...) na cantidade precisa que requira a exposición. O tempo dos vídeos non poderá superar os 5 min
A exposición deberá dar conta de:
1. Introducción: exposición dos motivos da investigación e estado da cuestión do problema
2. Obxectivos que se pretenden
3. Metodoloxía empregada
4. Datos obtidos e/ ou resultados da aplicación da metodoloxía e a experimentación
5. Conclusións do traballo
6. Achegas á disciplina de estudio
7. Bibliografía e webgrafía empregada.
O tempo de exposición non superará os 15 minutos
Os recursos alleos deberán respectar a autoría, ser pertinentes, constar a ubicación da que se obtiveron e respectar a Lei de Propiedade Intelectual vixente.
Prema na ligazón alicia_garea.odt para ver o ficheiro.