Esquema de tema

  • Xeral

     FILOSOFÍA 

    logoAbordaremos os problemas de natureza filosófica  ao mesmo tempo que estudiaremos a súa orixe histórica e a súa interelación e o papel que xogan para a comprensión da actualidade.  Esta aprendizaxe completarase coa lectura e comentario dos textos elixidos como canónicos polo grupo de traballo de Filosofía. 

    Creative Commons Licensefilonexos by Eva Garea is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain License.

  • Tema 3: A modernidade: Descartes

    A INAUGURACIÓN DA MODERNIDADE

    VITURBIO

    ...A sensación de ruptura co anterior é clara e vai ser explícitamente manifesta, ata converterse de feito nunha sinal de identidade. (...) Semellan esquecer por completo o realizado durante os máis de trescentos anos anteriores, os enormes esforzos de renovación e crecemento que tiñan producido froitos bastantes maduros en diversas partes de Europa. Semellan non ser conscientes tampouco de que toda a súa innovación non consistía máis que en ir explorando e afondando nalgunha das ideas fundamentais que se tiñan conformado neses séculos inmediatamente anteriores.  Felix García Moriyón

     

  • Tema 9

    TRABALLOS VOLUNTARIOS

    Os traballos voluntarios poderán sumar á cualificación final ata un máximo de 2 puntos, sempre e cando a media de cualificacións das 3 avaliacións acade un mínimo de 5 puntos, tal e como consta na programación. 
    Poderá consistir en: 
    1. Un traballo de investigación sobre un tema filosófico. (só dispoñible para o alumnado que teña comezado ese traballo en primeiro de bacharelato) sorriso(ver exemplo)
    2. A realización dun video-documental sobre un autor ou etapa da historia da filosofía cunha extensión minima de 5 minutos e máxima de 10.
    Autores posibles:
    Platón, Aristóteles, Descartes, Hume, Locke, Kant, Marx, Nietzsche
    Épocas:
    O mundo grego, A época medieval, O Renacemento, O Barroco, A Ilustración, O século XIX
    3. Lectura e presentación dixital dunha obra completa dun dos autores do programa de filosofía.sorriso (ver exemplos). Os libros poderán escollerse entre os seguintes:
    Platón. República
    Platón. Banquete
    Ou ben sobre unha obra de formación complementaria a elixir entre as seguintes:
    Muñoz Rendon. Good Bye Platón
    Rodway. Platón y el Cine. Enseñanzas Ocultas en las Películas de Hoy
    4. Participación na 4ª Olimpiada de Filosofía de Galicia en calquera dos niveis propostos para Bacharelato (Disertación e Fotografía). Tema Revolución e Utopía
    Todos os materiais que se presenten como traballos voluntarios terán que poder ser distribuídos baixo licencia creative commons. Para iso deberán cumplir os seguintes requisitos:
    • Ser de autoria propia, non plaxiados, total nin parcialmente
    • Usar só imaxes de autoría propia ou no seu caso con licencia creative commons by-sa
    • Incluír os créditos e referencias do material usado para a realización do traballo